As zonas peonís da Coruña seguirán abertas para favorecer á hostalaría

Desde o Concello sinalan que buscan aplicar estas medidas polo menos ata o mes de maio.

Por E.P. | A CORUÑA | 08/01/2021 | Actualizada ás 17:48

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña manterá as zonas peonís e os carrís gañados ao tráfico, á vez que prolongará as medidas adoptadas para favorecer a hostalaría. Deste xeito, segundo explicou a alcaldesa, Inés Rey, os establecementos conservarán as capacidades das súas terrazas e poderán seguir ocupando as prazas de estacionamento situadas enfrentede os seus locais para garantir a distancia de seguridade.

Isto significa, explicou a rexedora, que estas medidas se manterán polo menos ata o mes de maio, aínda que "nestes momentos estamos a estudar que se poidan prolongar ata decembro e así aproveitar os meses de verán, tendo en conta as dificultades polas que pasa a hostalaría". Trátase, insistiu, de aliviar as cargas económicas da hostalaría, que se viu obrigada a pechar os seus negocios polas restricións derivadas da Covid, e favorecer a súa actividade.

Un home nunha terraza da Coruña. M. Dylan - Europa Press - Arquivo
Un home nunha terraza da Coruña. M. Dylan - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta