Universitarios de Galicia recollen firmas para suspender os exames presenciais e que se fagan 'en liña'

A evolución da pandemia no territorio levou a diversos estudantes do tres universidades galegas a impulsar iniciativas nas que reclaman a estas institucións que se suspendan os exames presenciais previstos para este mes e nas próximas semanas.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/01/2021 | Actualizada ás 19:06

Comparte esta noticia

A evolución da pandemia no territorio levou a diversos estudantes das tres universidades galegas a impulsar iniciativas nas que reclaman a estas institucións que se suspendan os exames presenciais previstos para este mes e nas próximas semanas.

Exame nunha aula universitaria durante a pandemia de covid-19
Exame nunha aula universitaria durante a pandemia de covid-19 | Fonte: Europa Press

Varios destes alumnos impulsaron varias campañas de recollida de firmas a través da plataforma 'Change.org' dirixidas ás universidades da Coruña, Santiago e Vigo, que suman xa preto de 3.000 apoios para que se substitúan estas probas de carácter presencial por outras en modalidade 'en liña'.

En concreto, argumentan que a situación da COVID-19 "se agrava" en todo o territorio e que o pasado mércores se rexistraron "case 700 contaxios".

"A Coruña xa é a área sanitaria mais afectada da comunidade", insisten, polo que piden á universidade que os exames se realicen de maneira "totalmente telemática e por tanto, a presencialidade destes se vexa suspendida".

"Moitos dos estudantes da UDC conviven con persoas de risco e existe un medo xeneralizado entre o alumnado xa que consideramos insuficientes as medidas tomadas pola UDC durante o primeiro cuadrimestre e vémonos preocupados ante esta entrada a unha posible nova onda de casos".

Esta situación repetiuse noutras comunidades autónomas do país, nas que se advirte da mala evolución das cifras de contaxios tras as festividades de Nadal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta