Os bombeiros liberan unha persoa con mobilidade reducida que quedou atrapada no seu coche en Arteixo

Unha vez fóra do coche, os profesionais de Urxencias Sanitarias 061 evacuaron á vítima a un hospital.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/01/2021 | Actualizada ás 19:47

Comparte esta noticia

Os bombeiros liberaron unha persoa con mobilidade reducida atrapada no interior do seu vehículo tras sufrir un accidente de circulación en Arteixo. O sinistro, segundo informa o CIAE 112 Galicia, tivo lugar ás 10,30 horas deste sábado entre Uxes e Feáns, onde o condutor perdeu o control do seu coche e caeu por un desnivel.

Desprazados ao lugar despois de recibir o aviso da central do 112, os efectivos dos bombeiros rescataron ao ferido, que se atopaba atrapado no interior do vehículo. Unha vez fóra do coche, os profesionais de Urxencias Sanitarias 061 evacuaron á vítima a un hospital.

CICLISTA FERIDO EN NIGRÁN

Por outra banda, tamén este sábado, os efectivos de emerxencia articularon un operativo para o rescate dun ciclista que sufriu unha caída nunha zona illada do municipio pontevedrés de Nigrán. Segundo a versión achegada polo CIAE 112 Galicia, foi o propio ciclista quen chamou á central de emerxencias para pedir axuda.

Tras enviar por Whastapp as súas coordenadas, a central do 112 activou un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias 061, os bombeiros, o GES do Val Miñor e a Policía Local. Foron estes últimos quen, finalmente, conseguiron rescatar ao ferido, que se econtraba nas inmediacións do parque forestal de Coruxo, entre Vigo e Nigrán.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: EDIMA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta