Aviso laranxa por vento na costa coruñesa este domingo, mentres o resto do litoral estará en amarelo

Co paso das horas cesará esta situación posto que desde a mañá e ata última hora da tarde só haberá alerta no mar --xa non en terra-- e será de nivel amarelo con ventos de forza 7.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/01/2021 | Actualizada ás 20:38

Comparte esta noticia

Toda a costa da provincia da Coruña, fóra da península de Barbanza, continuará en aviso laranxa por fortes ventos durante as primeiras horas da xornada do domingo. No resto do litoral de Galicia, o nivel de alerta será o amarelo. En concreto, segundo o boletín de avisos de Meteogalicia, a situación de refachos de forza 8, que desde a tarde deste sábado predomina en case toda a costa coruñesa, prolongarase ata as 6,00 da mañá na zona noroeste, pero na Costa da Morte durará ata as 9,00.

Mentres tanto, os municipios da franxa do litoral estarán en alerta amarela por ventos que puntualmente poderán superar os 80 quilómetros por hora. Co paso das horas cesará esta situación na costa da Coruña, posto que desde a mañá e ata última hora da tarde só haberá alerta no mar --xa non en terra-- e será de nivel amarelo, por ventos de forza 7.

En canto ao resto do litoral galego, continuará en aviso amarelo por refachos de forza 7. Iso si, na comarca lucense da Mariña desactivarase en torno ao mediodía, pero nas Rías Baixas manterase ata as 21,00 da noite. Na xornada do domingo, para a que se espera unha lixeira subida das temperaturas, xa non haberá situación de alerta por frío en Galicia. E é que, ata a mañá deste sábado, algunhas zonas das provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra estiveron en aviso por rexistrar temperaturas negativas.

Temporal costeiro en Valdoviño (A Coruña). ELISA PIÑÓN - EUROPA PRESS - Arquivo
Temporal costeiro en Valdoviño (A Coruña). ELISA PIÑÓN - EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta