Medio cento de incidencias nas estradas galegas por culpa das xeadas e a neve

Entre as incidencias destaca o corte de circulación na AG-64 á altura das Pontes provocado pola neve. O tráfico foi restablecido unha vez recuperadas as condicións para o paso dos vehículos con seguridade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/01/2021 | Actualizada ás 20:26

Comparte esta noticia

A onda de frío que afecta este fin de semana a Galicia deixou ao redor de medio centenar de incidencias relacionadas fundamentalmente coa presenza de xeo e neve en estradas das vías secundarias. Diso informou o CIAE 112 Galicia, que destaca que ningunha das incidencias xestionadas pola central de emerxencias causou danos persoais.

Entre as incidencias destaca o corte de circulación na AG-64 á altura das Pontes  provocado pola neve. O tráfico foi restablecido unha vez recuperadas as condicións para o paso dos vehículos con seguridade.

Así, desde o pasado día 5 de xaneiro e ata este sábado, a central de emerxencias xestionou máis de 400 incidencias vinculadas á formación de placas de xeo en rúas e estradas. A metade delas producíronse na provincia da Coruña e o 25% en Pontevedra. Pola súa banda, en Lugo houbo 40 incidencias en Ourense, 10.

O 112 Galicia apela a que a cidadanía reduza os riscos durante estas xornadas nas que, fundamentalmente nas primeiras horas do día, as xeadas repercuten nas rúas e estradas da Comunidade galega.

Alerta por neve nas montañas galegas. GARDA CIVIL - Arquivo
Alerta por neve nas montañas galegas. GARDA CIVIL - Arquivo | Fonte: TEMPORAL, NEVE, XEO, ESTRADAS, 112

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta