Pontón acusa ao PSdeG de "servilismo" e ao PP de estar buscando a "confrontación estéril"

A portavoz nacional do BNG sentenciou que Galicia "necesita máis que nunca" á súa organización política "traballando a favor do país".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/01/2021 | Actualizada ás 15:30

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reivindicou a formación frontista como o "muro de contención" fronte ao "sucursalismo" no que ve instalados a PP, ao que acusa de exercer unha postura de "confrontación estéril", e a PSdeG, do que censura o seu "servilismo inútil" ante as decisións do Goberno central.

A mensaxe foi lanzada pola líder nacionalista durante a súa interevención na homenaxe do Bloque á figura de Castelao celebrado na mañá deste domingo na igrexa de San Domingos de Bonaval, en Santiago, onde descansan os restos do rianxeiro no Pantéon de Galegos Ilustres.

"Quero aproveitar este acto de homenaxe a Castelao para recalcar cal é a esencia do BNG: defender Galicia. Unha declaración de principios que quero expresamente recalcar neste momento en que o país necesita recibir un trato xusto e porque estamos neste escenario de crise o BNG é o muro de contención contra a discriminación e o agravio que recibe do Goberno do Estado, antes co PP e agora co PSOE", sentenciou Pontón.

A líder da formación frontista subliñou que "a lealdade" a Galicia do BNG "nin é discutible nin é negociable" e é o que a diferenza das forzas estatais "que fan o que lles mandan desde Madrid". Así, cargou contra PP e PSOE, aos que acusa de defender "unha cousa e a contraria en función de quen sente na Moncloa", o que levou a Pontón a sentenciar que Galicia "necesita máis que nunca" á súa organización política "traballando a favor do país".

"Nin confrontación estéril a favor de Pablo Casado, nin servilismo inútil a favor de Pedro Sánchez", continuou Pontón, que puxo como exemplos disto cuestións como o impacto do Brexit na frota pesqueira galega, a crise do sector industrial en Galicia "con Alcoa á cabeza" ou as peaxes da AP-9. Nesta liña, sostivo que o BNG "goberne quen goberne sempre di o mesmo: basta de estafa e basta de agravio".

Así mesmo, Pontón tachou de "vergoña" a "histórica" subida da factura da luz "en plena onda de frío", o que, no caso de Galicia, "impide ás familias e empresas" da comunidade "beneficiarse" de que o territorio galega sexa produtora de electricidade. "Vergoña para as eléctricas que volven comportarse con usura pero tamén para os gobernos que o permiten e, como temos as mans libres, seguimos reclamando unha tarifa eléctrica galega", engadiu Pontón.

Ana Pontón e membros da dirección do BNG no acto homenaxe a Castelao no Panteón de Galegos Ilustres. BLOQUE NACIONALISTA GALEGO
Ana Pontón e membros da dirección do BNG no acto homenaxe a Castelao no Panteón de Galegos Ilustres. BLOQUE NACIONALISTA GALEGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Riolo

Una vividora de la política intentando dar lecciones. Esta señora no sabe lo que es la precariedad laboral, sufrir la burocracia de la administración, aguantar las arbitrariedades del cacique del concello o la Xunta, pagar una nómina o padecer las arbitrariedades de Hacienda. Pero ahí sigue, con toda la jeta chupando de la teta pública hasta la jubilación