Aprendermos do de Trump

“...O say, does that star-spangled banner yet wave... over the land of the free and the home of the brave”

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 10/01/2021

Comparte esta noticia

Pouco máis de 30 anos despois da Independencia dos USA , o poeta-e avogado- Francis Scott Key (1814) escrebiu estes versos no decurso da batalla da baía de Baltimore (Maryland),  cando os norteamericanos loitaron contra os británicos  a súa segunda guerra da Independencia.  Hoxe poñen o cabo ao hino dos USA.

Dobre rusa de Donald Trump.
Dobre rusa de Donald Trump.

Segue a pendurar a bandeira USA  das estrelas cintilantes  sobre a terra das persoas  libres e sobre dos fogares das persoas afoutadas?  O presidente Trump,  neto de inmigrantes alemáns, esqueceu as orixes comúns da grande maioría da poboación americana para  definir nestes longos cinco anos unha mensaxe supremacista :  racista e sexista, para construir  unha minoría social potente e hexemonizante, como as que monopolizaron políticamente a Alemania nazi entre 1933 e 1945 ou a Italia fascista entre 1922 e 1945.

Nas eleccións deste novembro de 2020, Trump quitou 74 millóns de votos fronte aos 78 de Biden. Foi, xa que logo,  o segundo candidato presidencial máis votado da historia política dos USA. Hai só dous meses esta axenda criminal e fascista amosaba ter o apoio dunha parte importante da cidadanía USA. Desenvolveron baixo as ordes do presidente Trump unha teimuda guerra legal que chegou até o pasado 6 de xaneiro, cando as dúas Cámaras Federais (House of Representatives e o Senado) ratificaron a elección presidencial de Biden.

Mais Trump fracasou nos seus tentamentos de mesturar ferramentas xudiciais, parlamentarias e abertamente golpistas para impedir a proclamación presidencial de Biden. E, mentres, contribiuiu a que o seu partido republicano perdera a maioría no Senado, ao liscar por incomparecencia a respecto dos seus dous candidatos polo estado de Georgia. Incríbel... O  grande estado da Coca-Cola, a CNN, as Olimpiadas de 1996,  B-52 e  REM, de sempre conservador, garantindo un amplo ciclo progresista ( coa maioría no Senado, canda a Presidencia de Biden e a previa maioría da Cámara Baixa).

Trump non soubo administrar a súa potentísima forza electoral e política. Porque teimou en tentar resolver os seus problemas baixo a fórmula de aquí e agora. Moi probábelmente porque coñece moitos dados que sabe lle impedirán tentar volver á candidatura presidencial ou a calquer labor político. Velaí como segueu camiñar  o ronsel de Hitler e Mussolini...despois miña ha vir o caos.

Trump deixa un partido republicano desfeito, tamén o amplo sector que defende prantexamentos supremacistas e antidemocráticos. Mais este sector, avaliábel en termos de entre 25 e 35 millóns de americanos (a meirande parte armados) seguerá a existir o 20-X, cando asuma a presidencia Biden  e mesmo despois.  Sen dúbida,  o afundimento de Trump será un grande fracaso para eles. Mais, se a sociedade civil, os medios de comunicación e os sectores políticos demócratas non reaxen, axiña han atopar outro líder que poderá chegar facer invisíbel,  no medio do fume dos milleiros de lumes, a bandeira das estrelas cintilantes

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.