Temas: MADRID NEVE HUMOR

A presidenta da Comunidade de Madrid recibe o primeiro camión que transporta sal desde Mondoñedo

Isabel Díaz Ayuso desprazouse o 10 de xaneiro ata Las Rozas para recibir o primeiro cargamento de sal que foi empregado para loitar contra o xeo na rede viaria madrileña e no aeroporto Adolfo Suárez Madrid-Barajas. O alcalde da capital escusou a súa ausencia alegando que ía moito frío.

Por Fran Bouso | Mondoñedo | 11/01/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O primeiro transporte de sal que chegou a Madrid foi conducido por Filomeno Neves, quen fixo entrega á presidenta madrileña, ademais de varias toneladas de sal de Porto (A Veiga), de tres tartas de Mondoñedo. O camioneiro apuntou que este manxar típico mindoniense "proporciona un gran aporte calórico que axudará a manter a temperatura corporal nuns días de tanta friaxe".

Montaxe humorístico
Montaxe humorístico | Fonte: Fran Bouso

Segundo indican desde o gabinete de prensa da presidencia da Comunidade de Madrid, Díaz Ayuso agradeceu o xesto do condutor mindoniense e interesouse nunha breve conversa con el por se xa estaban solucionados os problemas coa néboa na A-8 ao seu paso polo Fiouco: "Esta es una gran colaboración mindoniense-madrileña que no olvidaremos", manifestou Ayuso quen aproveitou a ocasión de lembrar o sabor dos chourizos que mercou no ano 1999 no Mercado Medieval de Mondoñedo celebrado na Praza de Tirso de Molina.

Díaz Ayuso anuncioulle a Filomeno Neves que "visitará Mondoñedo cando a neve e as condicións pandémicas o permitan".

Temas: MADRID NEVE HUMOR
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta