A produción industrial baixa en novembro máis do dobre que a media

Acumula un descenso do 9,3% en Galicia ata o penúltimo mes do pasado ano.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 11/01/2021 | Actualizada ás 10:50

Comparte esta noticia

A produción industrial baixou un 4,9% en novembro en Galicia en relación co mesmo período do ano anterior, máis do dobre da media (-2%), segundo os datos que publica este luns o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Desta forma, a esas alturas do pasado ano, este índice acumulaba na comunidade galega un descenso do 9,3%. No conxunto estatal, o retroceso do 2% moderou en máis de catro puntos o retroceso anual de outubro (-6,2%) e encadeou 11 meses consecutivos en taxas negativas.

Case todos os sectores rexistraron en novembro caídas anuais da produción, especialmente a enerxía (-7,5%), seguido dos bens de equipo (-5,1%) e os bens de consumo non duradeiro (-1,9%). En cambio, aumentou a produción nos bens intermedios (+3,8%) e os bens de consumo duradeiro (+1,2%).

As actividades que máis recortaron a súa produción en novembro foron a industria do coiro e do calzado, cun retroceso anual do 27,3%, e a confección de pezas de vestir (-17,9%). Entre as actividades que elevaron a súa produción anual destacan a industria téxtil (+12,2%) e a fabricación doutros produtos minerais non metálicos (+11,6%).

Corrixida de efectos estacionales e de calendario, a produción industrial rexistrou en novembro unha caída interanual do 3,8%, ampliando en 2,2 puntos o retroceso de outubro (-1,6%).

Evolución da produción industrial en Galicia. EPDATA
Evolución da produción industrial en Galicia. EPDATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta