A oposición critica o "peche encuberto" da hostalaría e pídelle á Xunta novas axudas

O delegado do Goberno apela ás medidas de "autoprotección" ante a evolución da pandemia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/01/2021 | Actualizada ás 13:32

Comparte esta noticia

O BNG e o PSdeG coincidiron este luns ao reclamar á Xunta novas axudas económicas que compensen os peches decretados no sector da hostalaría como medidas para facer fronte ao avance da covid-19. Así o pediron na mesma xornada na que hostaleiros de Santiago convocan concentracións contra os peches na capital galega e nun contexto no que se prevé que as restricións vixentes en varias cidades poidan ser ampliadas a máis localidades cunha incidencia alta dos contagios.

Respecto diso, nun almorzo informativo ofrecido este luns, a líder do BNG, Ana Pontón, denunciou o "peche encuberto pero sen axudas" para este sector: "Isto é o que non pode ser". Así, e tendo en conta que é preciso "pór primeiro a vida" e logo a situación económica por diante, Pontón reclamou que "se poñan os recursos económicos" necesarios para mitigar a situación do sector.

En todo caso, tamén puxo o acento en que ten que ser o comité clínico o que diga se o "problema" está na hostalaría, algo que cuestionou polos datos que se coñecen, pero pide maior concreción sobre esta cuestión. "Hai moitos datos que non se están dando", indicou a parlamentaria do BNG, quen concluíu que "se se pecha un sector económico, hai que acompañalo de recursos suficientes".

Un home escribe na lousa dun mesón, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España), a 4 de decembro de 2020. Hoxe reábrese a hostalaría en toda Galicia, aínda que en distinto grao en función dos datos dos contagios de coronavirus, e. Álvaro Ballesteros - Europa Press
Un home escribe na lousa dun mesón, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España), a 4 de decembro de 2020. Hoxe reábrese a hostalaría en toda Galicia, aínda que en distinto grao en función dos datos dos contagios de coronavirus, e. Álvaro Ballesteros - Europa Press | Fonte: Europa Press

"GARANTIR A SUPERVIVENCIA DO SECTOR"

Pola súa banda, noutra rolda de prensa, o xefe de filas do PSdeG, Gonzalo Caballero, emprazou a Feijóo a deixar de "esconcerse detrás da publicidade institucional" e pór en marcha medidas que permitan garantir a "superviviencia do sector" durante o seis primeiros meses do ano. "Van seguir sendo duros", advertiu.

Gonzalo Caballero considerou que os peches da actividade "só se poden aceptar se veñen acompañados desde o primeiro momento de medidas de rescate". "Desde o primeiro momento asumimos, respectamos e acatamos cada unha das decisións que toman as autoridades competentes tanto en Madrid como en Galicia, pero cremos que teñen que vir acompañadas de medidas económicas para rescatar aos sectores máis afectados", apuntou.

DELEGACIÓN DO GOBERNO

Por outra banda, o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, apelou ás medidas de "autoprotección" ante a evolución da pandemia, segundo sinala tras presidir a reunión do Centro de Coordinación (CECOR) Autonómico establecido para o seguimento dos dispositivos de seguridade vinculados á actual situación sanitaria e ao estado de alarma.

Javier Losada agradeceu "o alto grao de cumprimento e a responsabilidade mostrada polas galegas e os galegos que se manifestou na ausencia de incidentes reseñables nos primeiros días do ano". Con todo, fai un chamamento "a manter as medidas de autoprotección sen baixar a garda ante a evolución da pandemia na Comunidade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta