Os traballadores de La Voz tomarán A Coruña

Manifestaranse este domingo polas rúas da cidade en defensa do emprego e dos salarios.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 04/07/2013 | Actualizada ás 17:49

Comparte esta noticia

O órdago da empresa aos traballadoes de La Voz vai rematar nas rúas da Coruña. E é que todos os sindicatos representados no Comité Intercentros do medio coruñés (CIG, CC.OO., UXT e SXG) acaban de convocar a todo o persoal a unha manifestación na Coruña este domingo, 7 de xullo. 

Protesta dos traballadores de La Voz
Protesta dos traballadores de La Voz | Fonte: CCOO

Baixo o lema Por un xornalismo digno, a manifestación arrancará do Obelisco ás 12.00 horas e discorrerá polas rúas Real e Riego del Agua para rematar na praza de María Pita. 

"A empresa pretende volver a retallar os salarios dunha plantilla que ven facendo sacrificios dende fai cinco anos, mesmo asumindo despedimentos", denuncian os traballadores. Para iso, a dirección de La Voz aplica a reforma laboral (a través do artigo 82.3 do ET, recurrido xa ante o Tribunal Constitucional) co obxectivo de reducir o salario base e os complementos a toda a plantilla "sen ofrecer a cambio unha garantía inequívoca en canto ao mantemento de emprego". 

Non queren máis despedimentos

Ante esta situación, os traballadores veñen manifestando en numerosas asembleas e accións de protesta nestes últimos meses que non están dispostos a que se utilice o aforro nas súas nóminas para volver a despedir a máis compañeiros.

Na súa loita para que a dirección da empresa retire o procedemento de inaplicación do actual convenio e se aveña a negociar unha solución pactada, os traballadores de La Voz teñen recibido esta semana no só o apoio dos compañeiros doutras empresas do Grupo senón tamén dos de outros medios e asociacións profesionais en defensa da dignidade das condicións de traballo na prensa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 un de poucos

Hay que preguntarles a quienes han dado un golpe de estado dentro del comite no? ccoo y el sindicato de xornalistas, habéis abierto la veda luego daréis explicaciones a los que despidan :-)

3 xose Luis

Visto lo visto, los trabajadores de La Voz no tomarán A Coruña. En todo caso, esperarán a ver si A Coruña toma La Voz para así no tenerse que implicar ellos y no dar un disgusto a su editor. Lamentable, pusieron en el disparadero a compañeros, asociaciones y otros medios de comunicación y, ahora, se rajan porque el jefe les echó una regañina. Siempre defendí que no se podía culpar a los trabajadores por la línea editorial del periódico pero en este momento creo que "algunos", sólo algunos, son tal para cual. Con razón en su "misiva" de ayer el editor decía que le sobraban todos los que no estaban de acuerdo con desmantelar el periódico. Mi solidaridad con los que están abochornados por lo sucedido. En La Voz no vale la pena intentar aparentar normalidad, lo ocurrido hoy los ha dejado al descubierto: El miedo no es excusa para perder la dignidad.

2 disque

Preguntade mellor por que se acaba de desconvocar esa manifestación... http://comitelavozdegalicia.blogspo...

1 un de poucos

Preguntarlles pola carta do editor :-)