Repuntan as mortes pola covid tras o Nadal: doce mortes, o triple que o sábado

Dúas mulleres morreron nas súas casas de Pontevedra e Verín e outras tres persoas nas residencias DomusVi de Vimianzo, Moledo de Vigo e San Bartolomé de Xove. Catro dos falecidos estaban no cómputo do domingo pendentes de confirmación.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 11/01/2021 | Actualizada ás 20:39

Comparte esta noticia

Outras doce persoas diagnosticadas con coronavirus faleceron en Galicia nas últimas horas, o que eleva o cómputo de vítimas da pandemia na Comunidade galega a 1.462. Con todo, catro delas son as que o Sergas estaba pendente de confirmar este domingo.

En concreto, segundo trasladou a Consellería de Sanidade este domingo, trátase de sete mulleres e cinco homes que permanecían ingresados en distintos hospitais galegos. Todos eles tiñan patoloxías previas. "Estes falecidos corresponden tamén ao reconto de fin de semana realizado por Saúde Pública e que hoxe se actualizaron tras comprobar que faleceran por covid", apuntou nun comunicado.

Un traballador sanitario totalmente protexido acoden a buscar a un ancián da residencia de anciáns de San Cibrao onde se orixinou un brote de Covid-19, en San Cibrao, Lugo, Galicia, (España), a 9 de novembro de 2020. No centro a situación ac. Carlos Castro - Europa Press
Un traballador sanitario totalmente protexido acoden a buscar a un ancián da residencia de anciáns de San Cibrao onde se orixinou un brote de Covid-19, en San Cibrao, Lugo, Galicia, (España), a 9 de novembro de 2020. No centro a situación ac. Carlos Castro - Europa Press

As mortes pendentes de confirmar tiveron lugar no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, onde faleceron dúas mulleres de 88 e 76 anos, respectivamente. Ademais, a este cómputo sumouselle a morte doutra muler de 87 anos. O mesmo aconteceu con outras dúas vítimas mortais no CHUVI de Vigo, dous homes, neste caso, de 83 e 67 anos de idade que o Sergas confirmou que morreron pola covid. Tamén en Vigo, faleceu unha muller de 92 anos procedente da Residencia Moledo de Vigo.

No CHUS de Santiago morreron dous homes de 93 e 84 anos. Os catro falecidos restantes producíronse en Xove, na residencia San Bartolomé (un home de 84 anos), na residencia DomusVi de Vimianzo (un home de 95 anos) e dúas mulleres de 87 e 104 anos que faleceron nos seus domicilios en Pontevedra e Verín, respectivamente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta