A Xunta destina preto dun millón de euros a 87 proxectos de mellora e embelecemento do Camiño

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/01/2021 | Actualizada ás 13:32

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia publica este martes a relación dos 87 proxectos beneficiarios da liña de subvencións habilitada por Turismo de Galicia para a mellora paisaxística e embelecemento dos bens e recursos situados no Camiño de Santiago.

O obxectivo desta esta liña de actuacións é intervir sobre elementos etnográficos, vivendas e espazos agrarios situados na Ruta Xacobea, así como realizar traballos de naturalización e embelecemento do trazado que permitan ofrecer a mellor imaxe do Camiño de Santiago, especialmente de face a celebración deste ano Santo bianual.

As actuacións que recolle esta liña de axudas supoñen unha mobilización de recursos de máis de 1,4 millóns de euros, dos que Turismo de Galicia achega o 75% do orzamento, preto de 1 millón de euros.

Nesta edición, un total de 31 concellos galegos e 56 particulares son beneficiarios con actuacións nos diferentes itinerarios do Camiño e no catro provincias galegas. Por distribución xeográfica, Lugo conta con 31 proxectos concedidos, seguida da Coruña, con 24, Pontevedra, con 23 proxectos, e Ourense conta con 11 actuacións beneficiarias.

Mouteira que sinaliza o Camiño de Santiago.. XUNTA
Mouteira que sinaliza o Camiño de Santiago.. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta