Calvos de Randín, o concello máis frío de toda Galicia?

Este territorio da provincia de Ourense rexistra, por segundo día consecutivo, a mínima máis baixa de toda a Comunidade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/01/2021 | Actualizada ás 13:39

Comparte esta noticia

O concello de Calvos de Randín, na provincia de Ourense, rexistrou este martes a temperatura mínima máis baixa de toda Galicia, con 11,2 graos baixo cero. Este municipio é un dos concellos afectados pola intensa baixada das temperaturas dos últimos días, pola que a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta activou este martes a alerta laranxa no sur da provincia ourensá, onde se esperan mínimas por baixo dos 8 graos baixo cero.

Ademais de Calvos de Randín, segundo rexistraron as estacións meteorolóxicas de Meteogalicia, puntos como Verín-Vilela, con 9,1 graos baixo cero; Baltar, con 7,9 graos baixo cero e Xinzo de Limia, onde se alcanzaron os 6,6 graos baixo cero, foron os municipios galegos coas mínimas máis baixas da xornada.

Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do 112 Galicia, informou da situación aos concellos afectados, aos servizos provinciais de Protección Civil e aos bombeiros, entre outros efectivos. De momento, en ningún destes concellos foron rexistradas incidencias de gravidade.

Xeadas, Santiago de Compostela, Frío. Europa Press - Arquivo
Xeadas, Santiago de Compostela, Frío. Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta