Detectan un brote de COVID no Hospital Naval de Ferrol con tres afectados

É o segundo brote localizado nos últimos días en dependencias hospitalarias de Ferrol tras detectarse a fin de semana outros dous na terceira planta do Arquitecto Marcide.

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 12/01/2021 | Actualizada ás 18:24

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade detectou un novo brote con tres pacientes afectados na terceira planta do Hospital Naval de Ferrol, segundo confirmaron fontes do Sergas.

Tras detectar estes novos casos púxose en marcha o protocolo establecido para este tipo de situacións, co que os pacientes xa foron trasladados ás plantas covid que a área Sanitaria de Ferrol ten no Hospital Arquitecto Marcide. Ademais, púxose en corentena a terceira planta do Hospital Naval e continúanse facendo probas PCR.

Este é o segundo brote localizado nos últimos días en dependencias hospitalarias de Ferrol, tras detectarse o fin de semana outros dous na terceira planta do Arquitecto Marcide, con tres e nove pacientes afectados, en cada unha das súas ás. Nas últimas horas non houbo variación en canto a positivos, tras a realización dunhas 140 probas PCR.

Hospital Naval de Ferrol/paxinas galegas/COVID, HOSPITAL, FERROL, CONTAXIO
Hospital Naval de Ferrol/paxinas galegas/COVID, HOSPITAL, FERROL, CONTAXIO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta