O BNG denunciará o "espolio enerxético" impulsando de novo unha tarifa eléctrica galega

A portavoz do BNG, Ana Pontón, sinala que "Galicia ten riqueza pero son unhas poucas empresas as que se forran, as mesmas que, en plena onda de frío, subiron o prezo da luz".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/01/2021 | Actualizada ás 19:50

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, protagoniza un vídeo da formación nacionalista na que avanza que o grupo parlamentario volverá levar á Cámara a proposta da tarifa eléctrica galega, unha das medidas para "abaratar a luz" que impulsou nos últimos anos pero que foi "sistematicamente rexeitada polo PP".

Tras a subida histórica do prezo da luz en plena onda de frío, considerou que "urxe retomar esta cuestión co obxectivo de que as empresas e as familias se beneficien de ser Galicia produtora neta de electricidade e pór freo a un espolio enerxético". Así o sintetiza nun vídeo de 60 segundos emitido a través de Twitter pola portavoz nacional.

"Somos un país rico en electricidade, producimos moito máis do que consumimos, pero nin as familias nin as empresas teñen ningún beneficio. Ao contrario, hai miles de empregos en risco polo custo enerxético e miles de familias que non acenden a calefacción porque non poden pagala.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, comparece en rolda de prensa no Parlamento.
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, comparece en rolda de prensa no Parlamento.

"Como é posible isto? Chámase espolio enerxético", salienta Pontón, quen sinala que "Galicia ten riqueza pero son unhas poucas empresas as que se forran, as mesmas que, en plena onda de frío, subiron o prezo da luz". O BNG sinala que "ducias" de ex altos cargos do PP e do PSOE traballan para estas empresas con salarios "de escándalo". "Son as portas giratorias unha corrupción de luva branca", concluíu.

CENTRO INVESTIGACIÓN ENERXÍA

Ademais, o BNG vén de presentar no Congreso dos Deputados unha proposición non de lei para instar o Goberno a crear en Galicia o centro para a competitividade e o I+D+i no almacenamento de enerxía, para o cal ve unha localización boa o Concello das Pontes. Trátase dunha medida que os nacionalistas, a través de Néstor Rego, xa trataran de introducir nas emendas aos orzamentos xerais de 2021, pero que non saíu adiante. A formación nacionalista propón que este centro sexa creado como fundación do sector público estatal, adscrita ao Instituto de Transición Xusta, con achegas de distintos ministerios por ser un asunto que "afecta transversalmente a varios" departamentos.

Ademais, o portavoz do BNG no Congreso considera que o Goberno deberá negociar e acordar coa Xunta, coa participación do Concello das Pontes, os aspectos relacionados coa xestión, achegas económicas, instalacións, medios materiais e humanos, programación de actividades para 2021-2030, e posta en funcionamento inmediata do centro.

Tamén demanda a convocatoria pública, unha vez que estea constituída e formalizada, para a participación e/ou colaboración de institucións, organismos ou empresas interesadas. "Este centro sería fundamental para dar un novo impulso económico a unha comarca especialmente castigada polo peche de Endesa e polo desmantelamento industrial permanente que acaba de coñecer un novo e lamentable episodio co anuncio do peche de Siemens-Gamesa", apuntou Rego.

INICIATIVA CELGA

Noutra orde de cousas, o BNG, a través do deputado Daniel Castro, rexistrou unha batería de iniciativas no Parlamento para instar á Xunta a volver ofrecer a posibilidade de realizar cursos preparatorios e probas Celga en todos aqueles centros que ofrezan cursos de lingua galega en Galicia e fóra da comunidade.

Esta reivindicación prodúcese despois de que o Goberno galego "decidise suspender os cursos preparatorios e os exames" fóra de Galicia, salvo na cidade de Ponferrada, o que provoca que "calquera persoa non universitaria só poida preparar este exame" en Santiago de Compostela e Ponferrada, así como nunha única escola oficial de idiomas de Madrid, a Jesús Mestre.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gaiker

O BNG tivo nas súas mans a Consellería de Industria entre o 05 e o 09 e non moveu un dedo neste sentido. Soa todo tan falso coma sempre.

1 Ricardo R.

Para espolio o soldo da Pontona e os demáis deputados.