Díaz avanza que a nova prórroga de ERTE manterá o esquema actual e a prohibición de despedir

Asegura que o compromiso dos axentes sociais é pechar un acordo este venres.

Por E.P. | MADRID | 13/01/2021 | Actualizada ás 09:48

Comparte esta noticia

A ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, asegurou este mércores que a nova prórroga dos expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE) manterá o actual esquema de protección a empresas e traballadores, con algúns cambios para axilizar a súa xestión.

Díaz, en declaracións a TVE recollidas por Europa Press, explicou que non se modificarán os sectores 'ultraprotexidos' contemplados actualmente, incluídos os incorporados recentemente no marco do plan de hostalaría e comercio.

Así mesmo, insistiu en que seguirá operando tanto o compromiso das empresas a manter o emprego durante seis meses se se acollen a un ERTE, como a 'prohibición' de despedir, de repartir dividendos e de realizar horas extraordinarias, entre outras medidas.

No caso dos traballadores en ERTE, subliñou que seguirán cobrando unha prestación equivalente ao 70% da base reguladora e que se manterá a protección aos traballadores fixos-descontinuos. Díaz mostrouse "optimista" respecto da consecución dun acordo cos axentes sociais para estender os ERTE e quixo mandar unha mensaxe de tranquilidade a empresas e traballadores porque esta ferramenta, dixo, estenderase máis aló do 31 de xaneiro

A ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz. CONGRESO
A ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz. CONGRESO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta