A directora xeral de Saúde Pública comparecerá o venres no Parlamento para informar o plan de vacinación

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/01/2021 | Actualizada ás 10:38

Comparte esta noticia

A directora xeral de Saúde Pública, Carmen Parrondo, comparecerá o vindeiro venres, a petición propia, coincidindo co arranque do período de sesións no Parlamento de Galicia, para explicar o plan galego de vacinación fronte ao SARS-Cov-2.

Concretamente, a comparecencia terá lugar na Comisión de Sanidade e Política Social que se celebrará un día despois de que se debata, no seo da Deputación Permanente, unha petición do BNG para que se convoque un pleno urxente coa comparecencia do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, con ese mesmo fin.

Esta petición foi respondida ese mesmo día polo portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, que replicou aos nacionalistas que o venres comezaba o período hábil e que en dúas semanas como moito haberá un pleno. É máis, garantiu que este mesmo mes o Goberno galego informaría o plan de vacinación no Pazo do Hórreo.

Así as cousas, este xoves reunirase a Deputación Permanente cunha petición que, con toda probabilidade, será rexeitada, mentres que o venres a directora xeral de Saúde Pública explicará o plan de vacinación na mesma semana na que está previsto finalizar a administración da primeira dose nos centros residenciais.

Ademais, este mércores está previsto que este mércores comece a vacinación do persoal sanitario, un proceso que se estenderá ata o próximo día 18. As xerencias de cada área sanitaria son as que organizarán e planificarán a vacinación do persoal considerado en "primeira liña de covid" dos centros sanitarios de Galicia.

Nieves Cabo Vidal, primeira galega en recibir a vacina contra a covid-19 en Galicia / David Cabezón - Xunta de Galicia. / Europa Press
Nieves Cabo Vidal, primeira galega en recibir a vacina contra a covid-19 en Galicia / David Cabezón - Xunta de Galicia. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta