O Concello da Coruña volve reclamar á Xunta un plan de rescate para a hostalaría

A Concellaría de Economía recolle as propostas do sector da hostelería e do comercio para o novo plan Presco.

Por E.P. | A CORUÑA | 13/01/2021 | Actualizada ás 18:03

Comparte esta noticia

O concelleiro da Coruña de Economía, José Manuel Lage Tuñas, volveu a reclamar á Xunta un plan de rescate para a hostalaría, coincidindo coa reunión con representantes do sector da hostalaría e o comercio para a elaboración do novo plan de reactivación económica e social (Presco).

Na reunión, segundo informa o goberno local, estiveron presentes os responsables das principais asociacións dos sectores afectados e os portavoces de todos os grupos municipais. Nela, fíxose balance sobre o funcionamento das diferentes liñas do Presco e abordouse as que debería contenar o novo plan.

O sector hostaleiro representado na reunión por Héctor Cañete, da Asociación Provincial de Hostalaría, e por Xabier Barral, da Plataforma Shostalería, demandou o mantemento das axudas económicas para o pago da cota de autónomos,da Seguridade Social e dos alugueres e solicitou unha maior axilidade na súa tramitación.

Pola súa banda, o sector do comercio, coa presenza de Miguel Agromayor, da Federación Provincial de Comercio, e José Luís Boado, da Federación Unión Comercios Coruñesa (FUCC), solicitou a continuidade dos bonos Presco en 2021.

Mentres, o concelleiro de Economía, José Manuel Lage, manifestou a vontade da alcaldesa, Inés Rey, "de seguir estando preto dos sectores que máis están a sufrir a crise e de continuar reclamando á Xunta de Galicia a posta en marcha de medidas extraordinarias para o sector hostaleiro por ser a administración competente en estamateria".

Un traballador limpa a lousa dun establecemento pechado durante o primeiro día de peche na hostalaría decretado debido á crise do Covid-19, en Santiago de Compostela, Galicia, (España), a 7 de novembro.. Álvaro Ballesteros - Europa Press
Un traballador limpa a lousa dun establecemento pechado durante o primeiro día de peche na hostalaría decretado debido á crise do Covid-19, en Santiago de Compostela, Galicia, (España), a 7 de novembro.. Álvaro Ballesteros - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta