Unha andaina polo papel dos artistas galegos fronte aos conflitos armados

Esta é a proposta dun novo programa da Deputación da Coruña.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/01/2021 | Actualizada ás 18:42

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña impulsa un programa 'Da guerra como arte á arte en contra da guerra' que reivindica o papel da arte galega na denuncia dos conflitos armados. O ciclo de actividades culturais difundirá o relato da guerra na arte contemporánea galega ao redor da celebración o próximo 30 de xaneiro do Día Mundial da Paz.

O programa está coordinado pola historiadora da arte Rosario Sarmiento e conta co apoio da Deputación da Coruña a través da liña de subvencións a proxectos singulares.

A iniciativa levará a cabo nas comarcas da Coruña, Ferrol e Santiago con máis dunha ducia de actividades programadas no primeiro trimestre de 2021. O seu obxectivo, segundo se expuxo na súa presentación, é reivindicar "o papel comprometido e de denuncia dos e das artistas galegos fronte aos conflitos armados".

A Deputación da Corula presenta a iniciativa 'Da guerra como arte á arte en contra da guerra'. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
A Deputación da Corula presenta a iniciativa 'Da guerra como arte á arte en contra da guerra'. DEPUTACIÓN DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta