Calvos de Randín, de novo o punto máis frío de Galicia con 12 baixo cero

Séguenlle Baltar, Verín, Xinzo e Monforte.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/01/2021 | Actualizada ás 10:07

Comparte esta noticia

O municipio ourensán de Calvos de Randín volveu a ser o punto máis frío de Galicia nas últimas horas ao rexistrar temperaturas que rozaron os 12 graos baixo cero.

Segundo os indicadores de Meteogalicia, a temperatura en Calvos caeu aos 11,8 graos baixo cero ás 06,30 horas da madrugada do xoves. Á mesma hora pero en Baltar, outro dos puntos da xeografía galega que adoita rexistrar as máis baixas temperaturas de Galicia, os termómetros alcanzaron os 8,9 graos negativos.

Verín con menos 8,5ºC, Xinzo con menos 6,3ºC e Monforte con menos 5,6ºC foron outras das localidades máis frías das últimas horas nun xoves no espérase que se suavicen as temperaturas mínimas coa entrada dunha fronte polo noroeste galego que devolverá as choivas á comunidade.

Xeadas, Frío, Santiago de Compostela, Galicia
Xeadas, Frío, Santiago de Compostela, Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta