Sanidade recoñece "problemas puntuais" na subministración da vacina da difteria

Algúns pediatras sinalaron a falta de subministración "desde hai dous meses" e nenos que non recibiran as doses pertinentes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/01/2021 | Actualizada ás 17:51

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade recoñeceu este xoves que houbo "momentos puntuais" de escaseza en canto á subministración da vacina contra a difteria da que habían alertados varios pediatras galegos. Con todo, asegurou que a situación "xa está normalizada" e que "agora mesmo hai doses suficientes". "Hai stock destas vacinas", afirmaron as mesmas fontes.

Algúns pediatras denunciaran, segundo informou na edición deste xoves 'Faro de Vigo', de problemas de subministración de vacinas contra a difteria "desde hai dous meses", unha denuncia apoiada por algúns pais de nenos de seis anos que, segundo explicaron no xornal, non recibiron a dose que lles correspondía.

"A vacina deixouse de administrar a nenos de 6 anos, cuxas doses son de recordo, para priorizar as dispoñibles en mulleres embarazadas", indicou a presidenta da Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria (Agapap), Amparo Rodríguez. Así, segundo explicou a presidenta da asociación, protéxese aos recentemente nados fronte á patoloxía, que pode ser moi grave nos pequenos que aínda non iniciasen o seu calendario vacunal.

Esta enfermidade, "potencialmente grave", crea unha membrana grosa na parte posterior do nariz e/ou garganta que, entre outros síntomas, pode xerar dificultades para respirar ou tragar. Aínda que en casos graves pode afectar os riles, o sistema nervioso e o corazón, é unha patoloxía practicamente erradicada no mundo occidental grazas á vacina DTPa, que tamén inmuniza contra o tétanos e a tosferina. Os máis pequenos reciben unha dose de recordo ao seis anos de idade como reforzo a outras inxeccións realizadas durante os seus primeiros meses de vida.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.. XUNTA
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.. XUNTA | Fonte: CONCHI PAZ

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta