Deputación da Coruña e Autoridade Portuaria dispostas a colaborar sobre temas para a área metropolitana

A Deputación da Coruña financiará con 70.000 euros a xestión do Ecomuseo do Forno do Forte de Buño, unha tarefa que seguirá asumindo o Concello de Malpica.

Por E.P. | A CORUÑA | 14/01/2021 | Actualizada ás 17:18

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o seu homólogo da Autoridade Portuaria, Martín Fernández Prado, trasladaron a súa disposición a colaborar en "temas estratéxicos" para o futuro para a área metropolitana e a provincia da Coruña.

Nun encontro na institución provincial, González Formoso e Fernández Pardo coincidiron na importancia do porto como estrutura de carácter metropolitano e no seu potencial para a creación de emprego, a reindustrialización da provincia e a potenciación do turismo.

Tamén abordaron cuestións "como o reto de situar Punta Langosteira como unha referencia no ámbito das novas enerxías, a potenciación da pesca ante o novo reto do Brexit e o reforzo do liderado do porto coruñés no sector de determinados graneis como os cereais", explican desde a Deputación.

Por outra banda, a Deputación da Coruña financiará con 70.000 euros a xestión do Ecomuseo do Forno do Forte de Buño, unha tarefa que seguirá asumindo o Concello de Malpica. O presidente da Deputación coruñesa, Valentín González Formoso, e o alcalde de Malpica, Walter Pardo, asinaron este xoves o convenio de colaboración para o actual exercicio.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín Gonzále Formoso, e o seu homólogo da Autoridade Portuaria, Martín Fernández Prado,manteñen unha reunión. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín Gonzále Formoso, e o seu homólogo da Autoridade Portuaria, Martín Fernández Prado,manteñen unha reunión. DEPUTACIÓN DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta