O presidente galego: "poderíamos dispensar 20.000 vacinas nun día"

Feijóo defende o seu plan de vacinación pero recoñece que a vai "lento" pola falta de subministración que, aclara, "non é culpa do Goberno central".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/01/2021 | Actualizada ás 17:47

Comparte esta noticia

Galicia podería ter vacinada a toda a súa poboación en pouco máis de catro meses se tivera as vacinas. É a estimación que fixo o presidente galego que asegurou que, co equipo que está traballando no Sergas, pódense dispensar 20.000 vacinas por día. "Temos un equipo de 2.200 enfermeiras que poden vacinar a 20.000 persoas nun día que son o número de vacinas que recibimos nunha semana", dixo.

Vacinación en Santiago de Compostela
Vacinación en Santiago de Compostela | Fonte: EP

Por iso, para Feijóo, o problema non é que Galicia non teña efectivos nin medios para realizar as vacinacións, a pesar dos atrasos das primeiras semanas, senon que o problema é da subministración de vacinas. "A esperanza da vacinación é lenta e non hai doses para unha inmunización eficiente", dixo. Por iso, anunciou que ata abril non haberá "certo optimismo" sobre o ritmo de vacinación.

En todo caso, nesta ocasión, non quixo criticar ao goberno de Sánchez. " Non é unha crítica ao Goberno central", dixo ata en dúas ocasións. "Sei que están xunto cos seus socios europeos tentando conseguir máis", apuntou, "o problema é o ritmo de produción das vacinas".

PLAN DE VACINACIÓN

Con todo, defendeu o organigrama de vacinación da Xunta e destacou que se está cumprindo tal e como estaba previsto xa que están vacinados os usuarios e persoal do 94% das residencias galegas. A partir do domingo 17 de xaneiro subministrase xa a segunda dose que non se subministrará onde hai focos activos. 

Tamén destacou que sa se comezou coa vacinación do persoal sanitario e que xa son máis de 5.000 os sanitarios vacinados. Este xoves serán 7.500 máis e a previsión é que sexan 20.000 nunha semana. "comezamos por Hospitalización e urxencias por rigurosa orde alfabética e vacinando ao 30% das áreas", indicou.

A seguinte fase, anunciou, serán os centros de día e as persoas que atenden aos maiores en domicilios que se levará a cabo o 12 de febreiro. A principios de marzo será a quenda dos grandes dependentes. En todo caso, defendeu a necesidade de deixar unha parte das vacinas sen dispensar para agardar a esa segunda dose por se houbera un corte no subministro. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta