A presión hospitalaria polo coronavirus obriga a suspender operacións non urxentes en Galicia

Xa se suspenderon algunhas intervencións en hospitais da Coruña, Ferrol e Santiago.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 14/01/2021 | Actualizada ás 18:46

Comparte esta noticia

Os responsables sanitarios galegos comezaron esta semana a suspender algunhas operacións non urxentes pola presión hospitalaria derivada da covid-19, co obxectivo de deixar camas libres para posibles ingresos.

Persoal sanitario atende un paciente de Covid-19 na UCI do hospital Povisa
Persoal sanitario atende un paciente de Covid-19 na UCI do hospital Povisa | Fonte: Miguel Riopa - Remitida por Povisa.

En concreto, fontes sanitarias confirmaron que xa se suspenderon algunhas intervencións no Hospital da Coruña, Ferrol e Santigo e que, dependendo que como evolucionen as cifras, é posible que nas próximas semanas haxa que aprazar novas operacións.

Son, en todo caso, intervencións non urxentes, sen "risco vital", polo que están totalmente garantidas as operacións de urxencias e do ámbito oncolóxico, explicaron.

Os adiamentos afectan a operacións non urxentes que, no seu postoperatorio poden requirir o uso de camas de críticos. Con iso, garántese que estas camas estean dispoñibles na medida do posible por se fosen necesarias para pacientes covid.

Nas áreas de Santiago e A Coruña, explicou Sanidade, os quirófanos reprogramados serán usados para facer procedementos de cirurxía maior ambulatoria --que non require ingreso--, podendo "aumentar incluso o número de pacientes operados". O resto da actividade cirúrxica "continúa con normalidade".

A evolución da covid-19 en Galicia tivo un patrón negativo nas últimas dúas semanas, o que obrigou á Xunta a tomar máis medidas restritivas para tratar de frear as cadeas de contaxio.

O efecto máis negativo deste proceso é o continuo incremento da presión hospitalaria, o que levou a responsables como a da área da Coruña a cancelar intervencións menores para deixar marxe ás posibles necesidades de camas de hospitalización que poida haber nos próximos días ou semanas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta