Gonzalo Caballero: "Se Feijóo quere gobernar con Jácome, que veña a Ourense a explicalo",

O PSdeG insta o PP a "deixar de ser o bastón" para soster ao actual alcalde.

Por E.P. | Ourense | 14/01/2021 | Actualizada ás 19:06

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, instou o Partido Popular a "deixar de ser o bastón" para soster a Gonzalo Pérez Jácome na Alcaldía de Ourense. "Se Feijóo quere gobernar con Jácome, que veña a Ourense a explicalo", esixiu.

A edil do PSOE de Ourense Natalia González; o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero; o deputado autonómico Juan Carlos Francisco Rivera, e o portavoz local do partido en Ourense, Rafael Rodríguez Villarino
A edil do PSOE de Ourense Natalia González; o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero; o deputado autonómico Juan Carlos Francisco Rivera, e o portavoz local do partido en Ourense, Rafael Rodríguez Villarino | Fonte: PSdeG.

Nunha visita á cidade das Burgas xunto ao portavoz local do PSOE, Rafael Rodríguez Villarino, e outros cargos do partido, o xefe de filas do PSdeG culpabilizou o PP da crise municipal. "Aqueles que levaron ao Concello á situación na que está, agora queren volver, Ourense o que necesita é un goberno serio e que deixen de ser o bastón para soster a Jácome", sostivo.

Así, incidiu en que a única solución é unha moción de censura liderada polo Partido Socialista por ser a lista máis votada e volveu sinalar que quen o impide é o Partido Popular.

Pola súa banda, o portavoz socialista municipal, Rafa Villarino, destacou que Caballero acode á terceira cidade máis importante de Galicia "cen veces máis que Feijóo" porque demostra "o seu compromiso coa defensa da provincia" e acusou o presidente da Xunta de "non pisala" amparándose en "dicir que o goberno ourensán non é solvente cando é el quen o sostén co apoio de Baltar".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta