Galicia administrou o 76% das doses de vacina recibidas, 16 puntos por riba da media estatal

Está 16 puntos por enriba da o 59,6 das recibidas

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 14/01/2021 | Actualizada ás 20:07

Comparte esta noticia

En España administráronse ata este mércores 676.186 doses das vacinas contra a covid-19 de Pfizer e Moderna, o 59,3 por cento das distribuídas entre as Comunidades Autónomas, que ascende a 1.139.400 unidades. En Galicia, a cifra supón o 76% das fornecidas.

Sabina Salvado recibe a súa dose de vacina contra a covid-19 nunha residencia de Teo (A Coruña)
Sabina Salvado recibe a súa dose de vacina contra a covid-19 nunha residencia de Teo (A Coruña) | Fonte: XUNTA.

O Ministerio de Sanidade facilitou esta información no informe de actividade do proceso de vacinación fronte á Covid-19 en base a datos recollidos entre o 27 de decembro, día no que comezaron as vacinacións, e este xoves 14 de xaneiro, aínda que algunhas comunidades levan atraso na comunicación da información e unicamente oito facilitaron datos actualizados.

Os datos do departamento dirixido por Salvador Illa indican que nese período recibíronse en España un total de 1.139.400 doses de vacina, 1.103.700 delas de Pfizer, con 676.087 doses administradas, e 35.700 correspondentes a Moderna, con 99 xa inoculadas.

Os territorios que máis están inmunizando son Melilla, co 91,1 por cento (1.098 de 1.205); Comunidade Valenciana, co 85,2 por cento (80.429 de 94.350); Asturias, co 79,4 por cento (29.074 de 36.620); Galicia, co 76 por cento (44.014 de 57.880); Ceuta, co 75,6 por cento (911 de 1.205); Castela e León, co 73,2 por cento (57.969 de 79.240); e Cantabria, co 70,2 por cento (12.779 de 18.200).

Por baixo do 60 por cento sitúanse A Rioxa, co 59,6 por cento (5.385 de 9.040); Canarias, co 59 por cento (25.159 de 42.610); Andalucía, co 57,1 por cento (123.459 de 216.320); Aragón, co 57 por cento (20.854 de 36.615); Baleares, co 56,2 por cento (7.552 de 13.440); Cataluña, co 56,8 por cento (105.587 de 185.820); Castela A Mancha, co 55,9 por cento (30.613 de 54.800); Estremadura, co 53,4 por cento (17.862 de 33.450); e Murcia, co 55 por cento (21.739 de 39.560).

Na cola da lista está País Vasco, co 41,2 por cento (20.003 de 48.605); por diante de Madrid, co 41,6 por cento (63.385 de 152.240) e Navarra, co 45,7 por cento (8.314 de 18.200).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta