Caballero sobre a covid: "As decisións que se toman en Galicia son políticas e non clínicas"

O líder do PSdeG di que, aínda que existe un Comité Clínico na Xunta, as decisións finais son de Feijóo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/01/2021 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, foi tallante ao cualificar de "políticas" e non "clínicas" as decisións adoptadas polo presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, para tentar parar a covid, tanto a de non confinar as cidades antes do Nadal e impoñer máis medidas restritivas como, agora, obrigar a pechar á hostalaría ás 18.00 horas, adiantar o toque de queda ás 22.00 horas e pechar máis de 60 concellos.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, nun encontro informativo cos medios. PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, nun encontro informativo cos medios. PSDEG

"Son decisións políticas e non clínicas", dixo nun almorzo con xornalistas. Neste sentido dixo que "lle consta" que dentro do Comité Clínico da Xunta houbo quen antes do Nadal pedía "medidas máis restrictivas". Por iso, critica que Feijóo xogue á "confrontación" coa pandemia co Goberno central, e destacou que el non está "todos os días" discutindo as decisións que toma a Xunta porque suponse "que se tenta facer o mellor para Galicia", suliñou.

Por iso entende que as decisións que se toman para conter o virus poden ser diferentes e recoñeceu que, agora, os casos están disparados. "Agora temos que ter toda a precaución para salvar a saúde e a economía", dixo.

Este xoves, preguntado ao respecto, Feijóo recoñeceía que non se tomaron medidas máis restrictivas antes do Nadal porque os datos epidemiolóxicos o desaconsellaban e porque así o decidiu o Comité Clínico. En todo caso, cargaba contra o Consello Interterritorial de Sanidade por impoñer o número de nove persoas nas reunións familiares.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta