Seguen aumentando os contaxios entre a comunidade educativa galega, até os 1.535 positivos de covid-19

Houbo un novo incremento de case 100 positivos máis respecto das cifras do xoves. Hai 31 aulas en corentena e dúas escolas infantís pechadas.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 15/01/2021 | Actualizada ás 16:32

Comparte esta noticia

Os casos de covid-19 na comunidade educativa galega superan xa os 1.500 tras un novo incremento de case 100 positivos máis respecto das cifras do xoves. Esta situación obriga a manter en corentena 31 aulas e á clausura temporal de dúas escolas infantís.

Alumnos nunha aula protexidos con máscaras contra a covid-19
Alumnos nunha aula protexidos con máscaras contra a covid-19 | Fonte: ANPE.

O último centro pechado de forma temporal tras detectarse casos de coronavirus foi a Escola Infantil Unitaria de Trives --A Pobra de Trives (Ourense)--, que se suma á tamén gardaría Pequenucos de Cuntis (A Coruña), cuxo peche foi comunicado polas autoridades santiarias o pasado xoves.

Así figura no último balance difundido pola Administración galega sobre o impacto da pandemia no sistema eduacativo galego, que este venres marca unha nova marca de casos de coronavirus por terceiro día consecutivo.

Deste xeito, nestes momentos hai 1.535 positivos de covid-19 nos centros educativos galegos, 94 máis que o xoves e 502 máis que o venres da semana pasada, xornada de regreso ás aulas tras as vacacións do Nadal. Así mesmo, 31 aulas atópanse en corentena, seis máis que o día anterior.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta