O ministro de Pesca di que o impacto do Brexit no sector pesqueiro galego será "moi limitado"

Durante os próximos 5 anos e medio existirá unha "estabilidade nas cotas", asegura Planas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/01/2021 | Actualizada ás 18:29

Comparte esta noticia

O ministro de Agricultura e Pesca, Luis Planas, defendeu este domingo que o impacto do Brexit para o sector pesqueiro galego será "moi limitado", á vez que subliñou que existen "garantías" para que as cotas de especies como a pescada, a meiga ou o rape se manteñan a partir de 2026, ano no que será necesario renegociar o acordo subscrito a finais de decembro para a saída do Reino Unido da Unión Europea.

Así o reivindicou o responsable estatal durante unha entrevista concedida este domingo á Cadena Ser no marco da visita que o ministro realizou ao longo dos últimos a Galicia durante a que mantivo un encontro o pasado venres co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Cuestionado sobre a preocupación no sector pesqueiro de Galicia polos acordos do Brexit, Planas dixo entender que exista certa inquietude pero polo "futuro" a partir de 2026 dado que, segundo resaltou, ata entón, durante os próximos 5 anos e medio existirá unha "estabilidade nas cotas".

Con todo, destacou que, a partir de entón, existe a "garantía" de que as cotas das pesqueiras "máis importantes" para a frota española e galega. Así as cousas, recoñeceu que a saída do Reino Unido da UE terá "un custo" para España e Galicia pero que será "moi limitado". Cuestionado sobre o sector lácteo, Luis Planas apuntou que a vía a seguro para achegar estabilidade e prezos dignos para os produtos é realizar "contratos por escrito" que acheguen "transparencia e previsibilidade aos gandeiros".

Luís Planas en Celeiro, Viveiro (Lugo). MINISTERIO DE AGRICULTURA E PESCA
Luís Planas en Celeiro, Viveiro (Lugo). MINISTERIO DE AGRICULTURA E PESCA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta