GC Aberto

Como sempre, patadas ao burro

Por admin | GC ABERTO | 18/01/2021

Comparte esta noticia

O 20 de Novembro do 2011, o Partido Popular (PP) acadaba maiorías absolutas no Congreso e no Senado, acadando de paso o seu teito electoral. Seis meses despois, a prima de risco do Estado Español chegaría tamén ao seu nível máis alto, rebasando os 600 puntos respecto a alemana.

Barco galego
Barco galego | Fonte: Xunta.

O PP plantexou a súa estratexia en desprestixiar e zancadillear ao seu Governo durante a crise do 2010. “A prima de risco en España chámase Jose Luís Rodríguez Zapatero” era o lema máis empregado polos líderes do PP. Mais a chegada do PP ao poder non fixo máis que empeorar a situación.

Que conclusión fará un analista bursátil cando escoita ao partido máis “español” criticar en público que as contas de Zapatero “non eran fiables”? Ou cando se entera que a Comunidade Valenciana, gobernada polo PP, sería a primeira en pedir un rescate? Que imaxen exterior pode radiar M. Raxoi enviando mensaxes de apoio a Luís Bárcenas en prisión provisional por corrupción? Os medios de comunicación poden manipular unha sociedade con baixa formación, mais non aos analistas financeiros das multinacionais.

O PP non está para resolver os problemas de España, e moito menos da cidadanía galega. O empeoramento dos servizos públicos polos recortes acumúlaselle a inviavilidade dos nosos sectores productivos agrabada pola desaparición das Caixas de Aforro Galegas. En economía, nada acontede ao chou. Como reflexionaba Xavier Vence: por que rescatan entidades bancarias privadas e non a economía pública? Será porque non interesa rescatar a nosa economía productiva?

Quizais se deba a que a nosa economía productiva pasa a formar parte do plantexamento e intereses da locomotora alemana. Querer entender o que acontece na Galiza require axexar de preto a Bruxelas e Madrid. De feito o Plan de Axuste da economía española e as durísimas condicións impostas para acceder a este rescate tralo desembarque da Troika (Comisión Europea, FMI e BC Europeo), lastran a nosa economía productiva. O rescate bancario levou consigo un conxunto de fortes imposicións recollidas nun hipotético memorando de intencións, mais cunhas consecuencias durísimas.

Dicía un mariñeiro: “como sempre, patadas ao burro”. Só no eido da pesca galega entre 2012 e 2014 se materializaron unha serie de decisións como as sancións da xarda, a obriga de traer as aletas adheridas nas quenllas, procesos xudiciais coma o da Cooperativa San Miguel na Lonxa do Berbés que ficaron en nada, a expulsión das aguas de Mauritania, o Plan de Control de Terranova, un cupo na sardiña, a pesquería de granadero en Hatton Bank… E por suposto baixo a supervisión directa da Garda Civil con poderes plenos en materia pesqueira… Toda unha serie de medidas que lastran a xa extenuada capacidade de adaptación da nosa xente do mar.

A concienciación política non é unha atributo innato aos individuos, senón un proceso socio- histórico, e por supusto económico. Mais compre diferenciar empobrecemento económico e atraso na autoconcienciación política. Gostaríame advertir a nula reacción política dos chamamentos feitos por colectivos da pesca ante o que eles mesmos calificaron de “Acoso e intimiación da Garda Civil”. Para comprobalo só temos que buscar no google: guardia civil-cerco-acoso, porque nos discursos das formacións políticas galegas non atoparemos ren.

Xose Rios Cidrás; Poio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta