O Tribunal de Cuentas indica que "ano tras ano" hai "deficiencias" nos orzamentos da Xunta

Á hora de analizar as contas galegas, o Tribunal detecta que as partidas que presentan o índice máis baixo de execución corresponden aos investimentos reais e ás transferencias de capital, cun 80% e un 83,7%, respectivamente.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/01/2021 | Actualizada ás 19:24

Comparte esta noticia

O Tribunal de Cuentas detecta "deficiencias estruturais" nas contas da Xunta de 2017, que se repiten "ano tras ano" e dan lugar a modificacións en "os mesmos programas orzamentarios" ao longo do tempo. Esta é unha das conclusións que se recollen no 'Informe Global do Sector Público Autonómico, exercicio 2017', que realiza o Tribunal de Cuentas.

Apunta que as modificacións do exercicio 2017 foron por uns 485 millóns, polo que incrementou o orzamento inicial nun 4,5%, "parámetros lixeiramente superiores" aos de 2016, aínda que por baixo do catro anos anteriores, que "fluctuou entre un 12,2% e un 6,8%".

Respecto diso, Contas lembra que a lei "esixe que cando se tramiten expedientes de modificacións orzamentarias débese expresar ineludiblemente o impacto que ditas modificacións poden ter nos obxectivos de gasto programados".

Con todo, nos expedientes de modificacións orzamentarias examinados "obsérvase que, en numerosas ocasións, ou ben non se realiza unha adecuada valoración --afirmando que este impacto non existe-- ou ben se indica que a modificación contribúe positivamente á consecución dos obxectivos". E Cuentas afea que "esta valoración xenérica non atende á indicada esixencia normativa".


MÁIS CRÍTICAS

Á hora de analizar as contas galegas, o Tribunal de Cuentas detecta que as partidas que presentan o índice máis baixo de execución corresponden aos investimentos reais e ás transferencias de capital, cun 80% e un 83,7%, respectivamente.

Ademais, apúntase a que nove fundacións e dous consorcios do sector público autonómico non renden contas. Son o 10,9% das 101 entidades públicas nesta situación en España. Igualmente, "falta información económico-financeira" de fundacións e sociedades".

Xunto a isto, en Galicia, o balance recolle un inmobilizado material que "non concorda" co inventario, "o cal non só afecta á transparencia e imaxe fiel esixibles á actuación administrativa, senón que afecta sensiblemente ao bo exercicio das funcións de identificación, xestión, control, investigación e defensa do patrimonio público".

GASTO SANITARIO, POR ENCIMA DA MEDIA

En relación ao gasto sanitario do sector público autonómico, en 2017 ascendeu a 63.540 millóns nas comunidades, o 5,5% do PIB, cun gasto per cápita medio de 1.370 euros por habitante e máis do 44% do mesmo orixinado por tres comunidades: Cataluña, Andalucía e a Comunidade de Madrid.

Ese gasto sanitario per cápita é superior en Galicia (1.446 euros) que na media. Supón o 6,5% do PIB, un punto máis que a media. Así mesmo, Galicia gasta 1.767 millóns en remuneración de persoal sanitario. Trátase do 45,1% do gasto sanitario consolidado na comunidade, mesma taxa que a media española.

Valeriano Martínez. CONCHI PAZ
Valeriano Martínez. CONCHI PAZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta