Os youtubeiros que evaden impostos, o caso Rubius: máis de dous millóns de euros ao ano parécenlle pouco

O youtuber decide facer as maletas e seguir a moitos outros creadores de contido na decisión de trasladar a súa vivenda a Andorra, xa que, como autónomos ou empresas, terán que facturar o 10% dos seus ingresos, en contraposición con España, no que o IRPF para estas entidades é do 45%.

Por Jessica Fernández | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/01/2021 | Actualizada ás 15:04

Comparte esta noticia

O Youtuber El Rubius converteuse en noticia ao anunciar que ía trasladar a súa residencia de España a Andorra para pagar menos impostos. Mais non é o único, durante anos puidemos contemplar como youtubers españois con gran fama nacional e internacional como TheGrefg, Lolito, Vegeta777 ou Willyrex marchaban debido á súa política fiscal.

Foto de El Rubius na súa conta de Instagram
Foto de El Rubius na súa conta de Instagram | Fonte: Fonte: Instagram elrubiuswtf

Youtube é unha entidade sen fronteiras na que cada creador de contido pode traballar desde calquera parte do mundo e tributar dende o país que máis lle interese, xa que a plataforma non está ligada a ningunha nación. Ademais, os youtubers que teñen millóns de seguidores, rexístranse como empresas, polo que algúns buscan os lugares onde a tributación de impostos sexa mínima. 

TRIBUTAR EN ESPAÑA OU EN ANDORRA

Andorra, ao ter menos de 100.000 habitantes, non necesita recadar tanto diñeiro en tributos, polo que impón aos seus cidadáns o 10% dos seus ingresos anuais, independentemente da súa renda. En contraposición, os youtubers en España teñen que pagar o Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, que supón o 47% dos seus ingresos anuais debido a que ingresa máis de 300.001 euros.

O creador de contido, El Rubius, segundo a empresa de analítica SocialBlade, gaña 4,3 millones de euros ao ano, que ao aplicarlle o 47% do IRPF, quédaselle en máis de dous millóns de euros, mais parece que non é suficiente.

Hai anos, este youtuber xa arremetera contra Facenda nun vídeo, no que criticou que "Hacienda me ha tenido en el punto de mira desde el día uno. Siempre han estado intentando putearme, tío. Lo he hecho todo legal. Aun así, por ser el único tonto que se ha quedado en España me putean a mí. Si vais a estar así conmigo, pues a lo mejor me voy, ¿sabes?". 

Estas palabras xa crearan polémica nas redes sociais, mais quedou nunha anécdota. Agora que o youtuber cumpriu a súa ameaza, moitos youtubers e amigos do creador de contido vitorearon a súa decisión, xa que estes levaban xa tempo vivindo no "paraíso youtuber".

 


CRÍTICAS E MANIFESTACIÓNS EN CONTRA

Estas declaracións foron moi criticadas polo conxunto da sociedade e, en concreto, por outros youtubers españois de renome que tamén gañan grandes cantidades de diñeiro, pero deciden quedar en España e contribuír á riqueza xeral do Estado, como Ibai Llanos, que gaña 1,2 millóns de euros anuais.

Este youtuber e streamer publicou nas historias da súa conta de Instagram varios vídeos defendendo tributar en España: "Si no me he ido a Andorra ha sido porque no me ha dado la gana. Yo vivo genial igual aunque me quiten la mitad. Me da igual lo que me quiten, me parece normal que a la gente que gana mucha pasta le quiten mucho dinero. Y como yo, hay muchos youtubers que piensan lo mismo y por eso no se han ido a Andorra".

Pola súa parte, o tamén recoñecido youtuber alexelcapo criticou a actuación daqueles creadores de contido que decidiron marchar a Andorra para pagar menos e deixar de pagar impostos no seu país. Ademais, defendeu, mediante uns chíos publicados no seu Twitter, que agora é máis importante que nunca pagar impostos en España debido á crise económica que xerou a pandemia pola Covid-19.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

Na mesma parcela (dos 15 adosados construidos en zona de servidume marítimo-terreste) detrás existen outros 10 chalets adosados en urbanización privada dos que me esquecín no primeiro comentario... https://flic.kr/p/wuJoWD É só un exemplo da cantidade de xente que paga fóra (se paga) e que amasa un Patrimonio Indecente sen que teñamos retorno algún. Bueno, sí, si queres tomar un viño na Cafetería do Hotel prepara 6 € (as almendras as poñen eles)

1 Gamela

Parece mentira que medio mundo ande a falar do "chiculate do loro" (youtubers) mentras a inmensa maioría das chamadas Grandes Fortunas levan máis de 50 anos escaqueando todo o que poden grazas aos paraisos fiscais nos que só teñen que vivir 6 meses ao ano e nada máis... Debe ser que falar dos 4 millóns dun Rubio ten máis morbo que valorar a fortuna de algúns emigrantes que sairon de Ponteareas aos 16 anos e agora teñen unha fortuna INDECENTE pero prefiren pagar impostos en Venezuela (será que están a favor de Maduro?) O individuo do que falo é ben coñecido en Vigo como propietario do Hotel Os Escudos, o artista foi quen de modificar a liña de costas (cedendo metros ao Concello) e construir 2 Hoteis, 15 Adosados, e unha Torre de Apartamentos de 10 alturas en primeira liña. E todo diante dos ollos do mundo. https://flic.kr/p/76AkaE Este individuo vive 6 meses en Venezuela e outros 6 en Galicia. Aquí non paga un can... Este sí que é un bo Youtuber !!!