Feijóo, 'cazado' de novo sen levar máscara en plena rúa

O Presidente da Xunta foi visto coa cara descuberta nunha visita a Ourense

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/01/2021 | Actualizada ás 19:01

Comparte esta noticia

Volve a caer a polémica sobre Núñez Feijóo polo seu emprego da máscara en espazos públicos. O máximo representante do Goberno galego foi fotografado este martes, 19 de xaneiro, en plena rúa coa cara descuberta.

Feijóo sen máscara ás portas dun pavillón deportivo na cidade de Ourense
Feijóo sen máscara ás portas dun pavillón deportivo na cidade de Ourense | Fonte: Concello de Ourense - Facebook

Na imaxe, publicada polo Concello de Ourense na súa páxina de Facebook, apréciase ao presidente da Xunta ás portas do Pavillón dos Remedios, ao que acudiu con motivo da finalización das obras de reforma que estaban a ter lugar no seu interior Feijóo xa foi duramente criticado por ter acudido a un acto electoral o pasado mes de decembro na Coruña sen portar a máscara obrigatoria. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Sentidiño

Jácome "o letal" vs. Feijoo "o inmune".

1 Jorge

E a publica o Concello de Ourense en Facebook, este Jácome...! 😂