De quen é a culpa de que a eléctrica Endesa pecha as Pontes en plena negociación con Xunta e Estado?

A Xunta critica á empresa pero di que é responsabilidade do Goberno central, mentres que o BNG esixiu unha reacción "coordinada e decidida" das dúas administracións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/01/2021 | Actualizada ás 21:24

Comparte esta noticia

O peche definitivo de Endesa abriu unha nova fronte política. Ningún dos partidos en Galicia está de acordo con esta decisión, pero reparten as culpas de xeito diferente. Así, para a Xunta a responsabilidade última é do Goberno central, mentres que o BNG esixe a Xunta e Administración do Estado unha solución.

Concentración de traballadores de auxiliares da térmica das Pontes.
Concentración de traballadores de auxiliares da térmica das Pontes. | Fonte: Europa Press

Xunta mostrou a súa "absoluta oposición" á "decisión unilateral" de Endesa de pechar a central térmicas das Pontes e lamentou que a compañía tome esta decisión sen contar co resto de integrantes que conforman a mesa de traballo que busca solucións para esta comarca.

Nun comunicado remitido aos medios, o Goberno galego sinala que se trata dunha decisión que a empresa adopta "aproveitándose dunha transición enerxética inxusta, caótica e desordenada que está a levar a cabo o Executivo central". "Endesa rompe con todos os compromisos adquiridos e anuncia o peche da central antes mesmo de presentar o informe coas conclusións das probas con biocombustibles", censura a Xunta.

Por este motivo, o Goberno galego rexeita tanto a decisióncomo a "falta de respecto institucional e con Galicia que acaba de mostrar Endesa". "Non se pode consentir que adopte esta decisión transcendental para o futuro desta comarca de forma unilateral", incide.

BNG

Pola súa banda, o BNG esixiu unha reacción "coordinada e decidida" do Goberno estatal e a Xunta co obxectivo de alcanzar un proxecto industrial alternativo de futuro para a comarca de Ferrolterra.


"Esiximos solucións e propostas concretas e orzadas porque Endesa pecha sen alternativa", subliña o portavoz de Industria do BNG na Cámara galega Ramón Fernández. "Aquí non hai transición enerxética nin hai nada e isto non se pode consentir", asegura. Fernández considera o anuncio como a confirmación do "atraco a man armada" da eléctrica e advirte que a comunicación feita pola compañía "deixa en moi mal lugar" tanto ao Goberno central como ao galego.

Neste sentido, sinala que aínda o día 17 deste mes o vicepresidente segundo da Xunta, Francisco Conde, apostaba pola viabilidade dos biocombustibles" na central mentres que o Estado "leva seis meses evitando reunir a mesa" das Pontes, onde están representados todos os axentes económicos, sociais e das distintas administracións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Parece que os resultados electorais dán consecuencias non previstas ! PP e BNG lamentándose de que o Goberno do PSOE-UP fai o que lle peta sen contar con eles ! AP9 - Alcoa - Endesa - ¿Será que os últimos van sendo os primeiros, no Reino da Galiza? Será...