A Xunta carga contra as bonificacións a Audasa acusando ao Goberno e á empresa de facer "pinza contra Galicia"

A Consellería de Infraestruturas lembra o pacto alcanzado no ano 2018, co PP no Goberno central, polo cal a Administración autonómica deixaría de pagar as bonificacións da AP-9.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2021 | Actualizada ás 14:46

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, cargou este mércores de novo contra o Goberno do Estado polas bonficacións á concesionaria da AP-9, Audasa, e que foron reclamadas en virtude dunha sentenza do Tribunal Supremo de principios de 2020.

"Que o Estado insista en reclamar a Galicia as peaxes de Rande e A Barcala vén confirmar que a Xunta tiña razón e o Goberno socialista de España e Audasa fan pinza e actúan xuntos contra os intereses dos galegos", declarou Vázquez este mércores a preguntas dos medios nun acto en Cenlle.

"Os acordos entre administracións deben cumprirse", sinalou a conselleira en alusión ao pacto alcanzado no ano 2018, co PP no Goberno central, polo cal, segundo a conselleira, a Administración autonómica deixaría de pagar as bonificacións da AP-9.

"O goberno de España non pode pretender que os galegos paguemos a factura dunha derrota xudicial do Goberno de España", engadiu a titular de Infraestruturas, que acusou ao Executivo central de aliñarse co "enriquecemento inxusto" que sinalou o Consello Consultivo sobre a xestión da AP-9 por parte de Audasa

Autopista AP9 Chapela cara a Vigo
Autopista AP9 Chapela cara a Vigo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta