ANPAS Galegas sinala ás autoridades educativas como parte da tolerancia ao acoso escolar en relación ao caso de Arteixo

A organización traslada o seu desexo de que se dea cunha solución "que non pase polo auto exilio".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2021 | Actualizada ás 18:37

Comparte esta noticia

A Confederación Anpas Galegas lamentou o caso de acoso escolar que investiga a Fiscalía investiga sobre unha menor de 12 anos no CEIP Ponte dos Brozos de Arteixo e pediu á Administración galega "que non escape á súa responsabilidade" para tentar eliminar esta falla  do sistema educativo.

Nun comunicado, a Confederación denunciou que este tipo de condutas non só "están a ser permitidas pola sociedade en xeral", senón "en particular pola administración educativa e os centros", polo que o protocolo galego que existe para estas situacións acaba "en papel mollado" en moitos casos.

'Cousas de nenos que lles pasan cos anos' ou 'Se se lles fai caso esa atención aumenta o problema', engaden, son algunhas afirmacións esgrimidas para "banalizar" estas condutas e "non atendelas inicialmente", que en caso de ser corrixidas de forma temperá permitiría evitar situacións como esta.

Anpas Galegas traslada o seu desexo de que se atope unha solución "que non pase polo auto exilio" e advirte de que é "o centro escolar e a comunidade educativa" a que debe garantir "un final feliz", e "non é ela quen ten que modificar a súa vida". Do mesmo xeito, espera que a administración "non faga o que sempre fai", que é "escapar da súa responsabilidade" coa escusa de que "iso ocorre fóra do centro".

Escolares debuxando nunha aula.
Escolares debuxando nunha aula.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta