A Deputación da Coruña abre a posibilidade de ofertar novos destinos turísticos en relación ao Xacobeo

O vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, sinala que os entes de xestión serán pezas clave para a recuperación do sector turístico.

Por E.P. | A CORUÑA | 20/01/2021 | Actualizada ás 20:43

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Deputación da Coruña e deputado de Turismo, Xosé Regueira, apelou, nunha reunión con representantes de entes de xestión turístio, a necesidade de fomentar novos destinos e crear produtos turísticos complementarios ao Xacobeo.

Nela, segundo informa o organismo provincial, apuntou á necesidade de aproveitar os recursos e apostar pola rendibilidade "nun momento en que é urxente traballar pola recuperación dun sector especialmente afectado pola crise do coronavirus".

Na reunión, avaliáronse tamén os resultados da anterior convocatoria e avanzouse nas novas liñas de traballo para este ano ao amparo da nova convocatoria de axudas que está aberta para presentar proxectos ata o próximo 5 de febreiro.

"Os entes de xestión van ser pezas clave á hora de traballar pola recuperación do sector e axustar as programacións ás esixencias deste momento, tanto aos requisitos sanitarios cambiantes da evolución da pandemia como á conmemoración do Xacobeo que está a provocar expectativas que esperemos se poidan cumprir", explicou Xosé Regueira.

O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira. DEPUTACIÓN DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta