Martiño Noriega, xa vacinado: así é a súa vida lonxe da alcaldía de Santiago

O ex alcalde anunciou que xa recibira a vacina na súa conta de Facebook.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/01/2021 | Actualizada ás 13:04

Comparte esta noticia

O ex alcalde de Santiago, Martiño Noriega, volveu facer referencia nunha publicación da súa conta persoal de Facebook sobre o seu traballo como médico, profesión á que volveu logo de anos apartado para adicarse á política. Nesta rede publica unha foto da súa vacinación ante a covid. No texto da foto, Noriega explica que incorporouse a finais de marzo ao Servizo de Atención Primaria de Noia.

Martiño Noriega recibindo a vacina
Martiño Noriega recibindo a vacina | Fonte: Fonte: Facebook de Martiño Noriega

Tras máis de 25 anos dedicados á política, Martiño Noriega decidiu volver á súa profesión, a de médico, en medio dunha das peores crises sanitarias da historia. Na publicación explica que, dende que está na Atención Primaria, tivo xa "máis ou menos 9000 asistencias entre a consulta, prolongadas, algún retén e quendas de Urxencias no PAC".

Incorporeime á Atención Primaria no C.S de Noia a finais de Marzo, no comezo da Pandemia da #Covid_19 Dende entón +-...

Publicada por Martiño Noriega Sánchez en Viernes, 15 de enero de 2021

TRAXECTORIA

Martiño Noriega licenciouse en Medicina pola Universidad de Santiago de Compostela coa especialidade de Mediciña de Familia, mais as súas aspiracións levárono a emprender a súa carreira política. Comezou a militar no Bloque Nacionalista Galego e despois fundou Anova, formación coa que tamén foi alcalde de Teo. Actou como rexedor do municipio entre 2007 e 2015.

Tras este período, Noriega decidiu volver á súa cidade de orixe, Santiago, e presentarse como cabeza de lista da candidatura de Compostela Aberta nas eleccións municipais de 2015. Tras gañar as eleccións e servir aos cidadáns como rexedor da capital galega, no 2019 perdeu as eleccíons contra o candidato do PSdeG, Xosé Sánchez Bugallo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta