Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/01/2021 | Actualizada ás 12:44
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o 21 de xaneiro as puntuacións definitivas do proceso de actualización de listas de selección temporal das categorías de persoal de enfermaría, enfermaría da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e técnico en coidados auxiliares de enfermaría.
En total, 24.507 aspirantes admitidos: 12.334 para a categoría de técnico de coidados auxiliares de enfermaría, 11.212 á categoría de persoal de enfermaría e 961 aspirantes admitidos para enfermaría do 061.
Co obxectivo de asegurar o maior número posible de sanitarios dispoñibles para reforzar a atención sanitaria derivada da pandemia, adiántase a publicación das listas definitivas da categoría de persoal de enfermaría e enfermaría do 061 en máis de seis meses, e na categoría de técnico en coidados auxiliares de enfermaría en preto de catro meses.
En próximas datas, publicaranse os resultados provisionais do proceso de actualización das seguintes categorías: persoal de enfermaría familiar e comunitaria, enfermaría pediátrica, do traballo, obstetricia e xinecoloxía (matrona), enfermaría especialista en saúde mental, médico de familia, médico de urxencias hospitalarias e pediatra de atención primaria.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.