Piden a retirada do Plan Eólico da Xunta por ser "ilegal": "hai que redactalo de novo"

O SLG defende que contravén a Lei de Avaliación Ambiental de 2013.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/01/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Novo episodio na loita contra o modelo de éolicos da Xunta. O Sindicato Labrego Galego vén de rexistrar un escrito dirixido á Consellaría de Economía, Empresa e Innovación para que non aplique o Plan Sectorial Eólico de Galicia por ser "ilegal". O incumprimento denunciado tería que ver coa lexislación ambiental actualmente vixente en Galicia. En concreto, e de acordo co sindicato, "o Plan Eólico vulnera a Lei 21/2013, do 9 de decembro, de Avaliación Ambiental".

Peza caída nun parque eólico. EN MAREA
Peza caída nun parque eólico. EN MAREA

A cuestión denunciada polo SLG nunha campaña compartida con Petón do Lobo garda relación co artigo 1 da nomeada Lei, relativa á Avaliación ambiental dos proxectos aprobados polo Goberno autonómico. Así, o texto obriga a desenvolver o nomeado trámite coa fin de garantir "un elevado nivel de protección ambiental" e un "desenvolvemento sostible” que, a ollos dos autores do escrito, non se está a dar.

A problemática da Lei de Avaliación ambiental podería gardar relación coa necesidade de "integración" que o texto marca a respecto dos "aspectos ambientais" dos "programas a proxectos". A Xunta vén de ser fortemente criticada por, supostamente, ter separado de xeito artificial grandes proxectos eólicos para minimizar así sobre o papel o impacto ambiental dos proxectos.

Os sindicatos e grupos ecoloxistas non están sós nesta denuncia. O TSXG xa fixo caer aprobacións da Xunta a proxectos eólicos ao enteder que houbera unha fragmentación "artificial". Á parte destas circunstancias, o SLG considera que o Plan Sectorial Eólico de Galiza contravén tamén a Lei de Calidade Ambiental. Por estas razóns, aseguran que se trata dun texto "ilegal" e que "debería ser redactado de novo atendendo a norma de rango superior".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta