A borrasca "Hortensia" obriga a pechar parques e praias temporalmente en boa parte de Galicia

A borrasca 'Hortensia' que afecta a Galicia desde este xoves motivou o peche dos parques e jardínes públicos de Lugo e A Coruña, municipio que tamén decretou clausúraa dos accesos ás praias ante o temporal que podería deixar ondas de máis de 5 metros no litoral.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/01/2021 | Actualizada ás 17:27

Comparte esta noticia

A borrasca 'Hortensia' que afecta a Galicia desde este xoves motivou o peche dos parques e jardínes públicos de Lugo e A Coruña, municipio que tamén decretou a clausura dos accesos ás praias ante o temporal que podería deixar ondas de máis de 5 metros no litoral.

O vento e a choiva foron os protagonistas deste xoves na práctica totalidade da xeografía galega, onde foron moitos os puntos que rexistraron refachos de vento de máis de 100 quilómetros por hora.

O refacho máximo foron os 129,4 quilómetros horas rexistrados en Viveiro minutos antes das 13,00 horas. A forza do vento alcanzou niveis similares cos 128,6 quilómetros hora captados en Cedeira.

Pero os fortes ventos non foron exclusivos do litoral, senón que tamén foron varios os puntos do interior nos que se chegou a picos de máis de 100 kiómetros horas, especialmente en zonas elevadas como A Pontenova, pero tamén noutras como Vimianzo.

Con todo, as precipitacións foron menos copiosas que as rexistradas o mércores, cando pasou por Galicia a borrasca 'Gaetan'. Os 41,5 litros por metro cadrado caídos en Entrimo son a máxima da xornada, lonxe dos 98 recolleitos en Santa Comba na tarde do mércores.

Con todo, a central do 112 non rexistrou incidencias relevantes no que vai de xornada por incidencia de temporal, que se prevé que se endureza este xoves, día no que toda Galicia estará en aviso, ben amarelo ou laranxa, polos efectos da borrasca 'Hortensia'.

Temporal na costa galega por forte ondada e vento. ELISA PIÑÓN - EUROPA PRESS - Arquivo
Temporal na costa galega por forte ondada e vento. ELISA PIÑÓN - EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Yolanda Beceiro Ventureira

Pienso y hablo en co ntra de nuestra forma de vivir,pero que como no confirmen rápido y ya esto vamos a estar así siempre,o esperamos milagros??,Ya el año pasado sucedió lo mismo y este vuelve a pasar,Somos tontos o los representantes de España son subnormales,,ellos están bien resguardados y que se jorobe el mundo.eEs vergonzoso que volvamos a este así otro año más.Que le puede tocar a cualquiera,no escoge números.