Galicia rexistra 18 mortos máis pola covid nas últimas horas

As áreas de Vigo, A Coruña, Santiago e Ferrol, as máis afectadas.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 21/01/2021 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

Xa son 72 as vítimas reportadas nos últimos días tras as 18 mortes comunicadas pola Xunta este xoves, o que fai que o número de vítimas pola covid en Galicia sexa xa de 1.584. Nas últimas 24 horas volveu a aumentar a presión na provincia da Coruña, especialmente, na Coruña, Santiago e Ferrol e tamén en Vigo que rexistrou catro falecidos.

Un traballador sanitario totalmente protexido pecha a porta dunha ambulancia tras recoller a un ancián da residencia de anciáns
Un traballador sanitario totalmente protexido pecha a porta dunha ambulancia tras recoller a un ancián da residencia de anciáns | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

Segundo informa o Sergasna área sanitaria de Vigo morreron cinco persoas, catro delas en hospitais da cidade e unha quinta, un home de 92 anos, na Residenica Pazy Bien de Tui. No Álvaro Cunqueiro faleceron dúas mulleres de 85 e 92 anos, e en Povisa dous homes de 90 e 86 anos.

Na provincia da Coruña os falecidos foron nove, tres nas principais áreas sanitarias da provincia. Así, no Chuac da Coruña morreron dous home de 82 e 73 anos e unha muller de 74. Nos Chus de Santiago foron tres mulleres de 88,90 e 72 anos e no Chuf de Ferrol tres homes de 82, 83 e 90 anos.

Tamén houbo falecidos en Ourense, dous homes de 90 e 74 anos no Chuo e en Pontevedra, con dous homes de 78 e 92 no Chop. Todas as vítimas tiñan patoloxías previas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta