Tellado (PP): "Que o PSOE vaia a Ferrolterra a falar de industria é como que Bildu dea leccións de dereitos humanos"

Os 'populares' galegos ratifican o seu apoio á folga convocada na comarca para o 25.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 22/01/2021 | Actualizada ás 15:28

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, afirmou que existe un "abandono consciente" de Ferrolterra por parte do Goberno de España e criticou que o secretario xeral dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, "visite a comarca para falar da necesidade dun plan de insdustrialización"

Miguel Tellado, secretario xeral do PPdeG
Miguel Tellado, secretario xeral do PPdeG | Fonte: PPdeG.

Ao seu modo de ver, "que o PSOE vaia a Ferrol a falar de industria é como que os seus socios de Bildu dean leccións de dereitos humanos".

"O mellor plan de industrialización para Ferrol sería botar a Sánchez da Moncloa despois de que o seu Goberno aboque ao pechar a central das Pontes, non faga nada por evitar a fuxida de España de Siemens-Gamesa e abandone conscientemente o naval galego", dixo Tellado.

Ao tempo, asegurou que os populares apoiarán desde todas as institucións e foros "a necesidade de futuro para esta zona, demandando carga de traballo inmediata para os estaleiros da Ría de Ferrol, que Siemems-Gamesa continúe fabricando pas para todo o mundo desde As Somozas e que a central térmica das Pontes siga funcionando igual que as de Francia e Alemaña ata o ano 2030 ou 2035".

Finalmente, ratificou o apoio do PPdeG á folga comarcal de 25 de febreiro convocada polos axentes sociais de Ferrolterra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta