Soben a 438 os usuarios de residencias contaxiados, cun novo gromo na Quercus de Leiro

Son 16 máis que un día antes. Tamén aumentan os traballadores infectados.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 22/01/2021 | Actualizada ás 15:58

Comparte esta noticia

O número de usuarios de residencias de Galicia diagnosticados de covid-19 volveu a incrementarse ata os 438 --16 máis que un día antes-- tras rexistrarse novos contaxios en distintos centros, entre eles un gromo con 41 maiores e seis traballadores na residencia Quercus de Leiro (Ourense), que xa foi intervida pola Xunta.

Un ancián camiña por unha vía de Vilalba o mesmo día da entrada en vigor de novas restricións impostas pola crise do Covid-19 no concello
Un ancián camiña por unha vía de Vilalba o mesmo día da entrada en vigor de novas restricións impostas pola crise do Covid-19 no concello | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

Así figura no último balance ofrecido polas autoridades sanitarias este venres, no que se contabilizan, ademais destes 41 usuarios, nove maiores máis contaxiados no xeriátrico DomusVi de Carballo, un na residencia do Incio, outro na vivenda comunitaria Sampredo II da Merca, e outro no fogar Blanco Amor de Boborás.

Ademais, un día despois de que Sanidade notificase a morte dunha persoa relacionada con estes centros, a Consellería de Política Social retirou do cómputo por negativizar a cinco reisdentes dos apartamentos da Pastoriza, e seis dos de Xove, así como a 25 maiores da Paz y Bien de Tui.

Con estas variacións, a residencia Quercus de Leiro é a que conta con máis casos activos entre usuarios, con 68; mentres que na de Ribeira hai 64 maiores contaxiados. Pola súa banda, na DomusVi de Carballo hai 51, mentres que na DomusVi de Vimianzo son 39. Ademais, no Fogar Santa María de Verín hai 36 usuarios positivos e na Paz y Bien de Tuir 34.

TRABALLADORES INFECTADOS

En canto aos traballadores das residencias galegas, o cómputo global experimenta tamén un ascenso nos datos deste venres ata colocarse nos 224, 12 máis que na xornada anterior.

Isto débese a que nas últimas horas detectáronse seis casos entre empregados dos apartamentos de Arzúa, outros seis na Quercus de Leiro, dous do Fogar Blanco Amor de Boboras e un na vivenda comunitaria Sampedro da Merca.

Segundo a última actualización da Xunta, o persoal máis afectado pola pandemia segue sendo a da residencia Paz y Bien de Tui, con 30 positivos.

CENTROS DE DISCAPACIDADE

Nos centros de atención á discapacidade (CAPD) de Galicia, detectáronse tres novos casos no Pai Menni de Betanzos, que conta xa con 44 casos positivos. Pola súa banda, o centro Cristo Rey de Crecente mantense con 29. Ademais, tamén hai casos de covid-19 na residencia de Bergondo e na DomusVi de Bóveda.

Os traballadores de centros de discapacidade contaxiados ascenden a 35 tras rexistrarse seis casos na Pai Menni de Betanzos --que ten 20 empregados positivos--. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta