Médicos cargan contra a "demagoxia" política e esixen medidas "máis restritivas e urxentes" para frear a pandemia

"Canto máis tardemos en instauralas, máis longas e duradeiras terán que ser", advirten.

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 22/01/2021 | Actualizada ás 16:07

Comparte esta noticia

O sistema sanitario e os sanitarios, en xeral, "atópanse nunha situación límite", sinala o Consello Xeral de Colexios Oficiais de Médicos (CGCOM), que esixe ao Goberno e ás Administracións competentes en cada Comunidade Autónoma a adopción de medidas máis restritivas e urxentes ante a situación da pandemia por COVID-19 .

Persoal sanitario atende un paciente de Covid-19 na UCI do hospital Povisa
Persoal sanitario atende un paciente de Covid-19 na UCI do hospital Povisa | Fonte: Miguel Riopa - Remitida por Povisa.

"Estamos sometidos cíclicamente a escenarios de sobrecarga asistencial e desbordamento mentres asistimos a debates competenciais e demagóxicos que nos afastan das posicións consensuadas en materia de saúde pública", laméntase, non sen lembrar antes que a incidencia acumulada por 100.000 habitantes dos últimos catorce días é de 795,65; a porcentaxe de camas ocupadas por COVID no últimos sete días representan o 20,87% e a ocupación de UCI o 36,28%.

Por tanto, desde a profesión médica piden "con carácter de urxencia" que se tomen todas as medidas necesarias por parte das autoridades, "por difíciles que sexan", para reverter a "perigosa situación" á que está abocada o país. "Canto máis tardemos en instauralas, máis longas e duradeiras terán que ser", advirten.

Ademais instan o Goberno e ás CCAA a tomar "decisións compartidas", e a "afastar das mesmas outros intereses", así como a acometer os cambios lexislativos oportunos para facer cumprir as medidas e restricións adoptadas en cada ámbito territorial. Mentres, piden á cidadanía "responsabilidade individual", é dicir restrinxir a mobilidade ao estritamente esencial, non baixar a garda nas medidas de prevención e control e respectar as medidas que se emprendan desde as autoridades.

Finalmente, comparten a preocupación "lexitima" de empresarios e traballadores ante a situación que pode provocarlles medidas máis restritivas, e, por este motivo, solicitan ás Administracións que poñan en marcha as axudas necesarias aos sectores e colectivos máis sensibles que poidan verse afectados por estas medidas máis estritas, "pero necesarias para frear a propagación do virus e o colapso sanitario".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 PQS2

Tamén hai médicos negacionistas que din o contrario e non saen nos medios.