Os servizos sociais dos concellos galegos atenderon 17.000 persoas máis por mór da pandemia e a crise económica

A Fegamp pide celeridade a Xunta e Estado nas axudas ante esta situación.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 22/01/2021 | Actualizada ás 16:23

Comparte esta noticia

O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alberto Varela, sinala que os concellos galegos atenderon por mor da pandemia 17.000 novos usuarios de asistencia social, o que supón un sobrecusto mensual de seis millóns de euros. Por iso, pide celeridade a Xunta e Estado nas axudas ante esta situación.

Sen teito.
Sen teito.

Así o destacou nun encontro en Santiago coa conselleira de Política Social, Fabiola García, para avanzar na renovación da Axenda Social Única 2021-2024. O obxectivo é que este documento estea finalizado no primeiro semestre deste ano.

E é que Alberto Varela avisa de que os concellos son "a porta de entrada" das necesidades credas por un "escenario moi preocupante".

Seis de cada 10 novos usuarios son persoas que estaban en ERTE ou que viron a súa actividade paralizada polo coronavirus, o que provoca unha "sobrecarga" para os concellos. De tal forma, reclama que é "máis necesario que nunca" que Xunta e Estado "poñan recursos enriba da mesa".

Ademais, explica que o sector da hostalaría está "a pedir axuda desesperada", polo que urxe a que se dean as subvencións antes de que "moita desta xente" acabe en servizos sociais.

A este respecto, o presidente da Fegamp defende que todas as administracións se reúnan na mesma mesa para acordar apoios, pois lembra que os concellos conceden xa desde o ano pasado axudas directas e eximen do pago de taxas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta