A Xunta promete "maior axilidade" e "menos requisitos" nas axudas á hostalaría

Sector e administración autonómica apelan a "sumar esforzos" para crear un fondo común.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 22/01/2021 | Actualizada ás 18:01

Comparte esta noticia

A Xunta comprometeu "maior axilidade" e "menos requisitos" para acceder ás axudas para o sector da hostalaría, a través do segundo plan de rescate que prevé activar en febreiro, segundo informa tras unha reunión cos seus representantes. Pola súa banda, hostaleiros piden ás administracións "coordinación" e que colaboren economicamente para aumentar as achegas a través dun plan de rescate.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e os conselleiros de Emprego e Sanidade,  María Jesús Lorenzana e  Julio García Comesaña, reúnense con representantes do sector da hostalaría
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e os conselleiros de Emprego e Sanidade, María Jesús Lorenzana e Julio García Comesaña, reúnense con representantes do sector da hostalaría | Fonte: Xunta.

Ao encontro asistiron, segundo informa a Xunta, a titular de Emprego, María Jesús Lorenzana, así como o vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, e o seu homólogo de Sanidade Julio García Comesaña, xunto a representantes da mesa de negociación da hostalaría e do Clúster de Turismo.

A través deste plan para traballadores autónomos, microempresas e o sector da hostalaría pechado, a Xunta destinará "un mínimo de 50 millóns de euros adicionais, que se suman aos 86,2 millóns da primeira convocatoria", explica nun comunicado.

Sobre o contido da reunión, o vicepresidente primeiro da Xunta avanza que se axilizarán os trámites "para pagar o máis rápido e chegar a máis xente". "É o momento de sumar, de que todas as administracións poñámonos de acordo para xuntar esforzos e sexamos capaces de crear un fondo no que todos acheguemos", dixo de cara á reunión do luns con representantes tamén dos concellos e as deputacións para implantar un modelo similar ao de Valencia.

A Xunta asegura que se simplificarán os trámites e requisitos para obter axudas. Entre as novdades proposta, indica, están que os autónomos non teñan que acreditar prestación por cesamento de actividade e que tampouco se esixa ás microempresas ter activo ou ter pasado por un ERTE para optar ás axudas.

Respecto das axudas do primeiro plan, afirma que chegaron ao 90% dos máis de 40.000 solicitantes que cumpriron cos requisitos por importe de 66 millóns de euros. De todas as solicitudes recibidas, 24.000 chegaron do sector da hostalaría, "das que 20.000 están abonadas".

"SITUACIÓN DIFICILISIMA"

Ao termo da reunión, representantes do sector da hostalaría incidiron na "situación dificilísima" pola que están a atravesar e pediron ás administracións autonómica, provincial e municipal que "se poñan de acordo" para unha achega ao 50% por parte da Xunta e o resto distribuído nun 30% entre as deputacións e un 20% no caso dos concellos.

"Que deixen fóra as cores políticas e que pensen en salvar empresas", resumiu o presidente da Asociación Provincial de Hostalaría da Coruña, Héctor Cañete.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta