O PPdeG: "O BNG é tan responsable como o PSOE da suba das peaxes"

Miguel Tellado acusa os nacionalistas de "branquear" o incremento nas taxas da AP-9 ao gobernar en concellos e Deputacións con quen "incumpre a súa promesa"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/01/2021 | Actualizada ás 17:31

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, acusou o Bloque Nacionalista Galego de "branquear" a subida das peaxes da AP-9 por gobernar en concellos e deputacións co Partido Socialista, "que incumpre a súa promesa de baixalas".

"O BNG é tan responsable como o PSOE deste incremento que estamos a sufrir todos os galegos", asegurou o secretario xeral dos populares galegos nun comunicado remitido aos medios.

Tellado afirma que, en lugar de promover manifestacións en contra do Executivo central, "os nacionalistas deberían condicionar a continuidade deses gobernos municipais e provinciais que xestiona co PSOE a que se fagan efectivas de forma inmediata as baixadas das peaxes prometidas".

Ademais, sostivo que "chaman a atención" as declaracións do deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, "ameazando a Pedro Sánchez con botalo á rúa". "O BNG xa non ten ningún poder de influencia en Madrid e, cando o tivo, antes da toma de psesión, decidiu utilizalo para facer presidente a Sánchez a cambio de nada, de fume e promesas baleiras", sinala.

"Son cómplices das políticas tan lesivas para Galicia que está a impor o Goberno socialista", aseverou o número dous do PPdeG, que resaltou que se os nacionalistas de verdade quixesen presionar o PSOE ou realmente tivesen intención de dar un ultimato a Sánchez, teñen ferramentas para facelo.  Deste xeito, segundo o PP, o BNG "demostraría que a súa prioridade non é ocupar un carguito nas deputacións senón defender os intereses dos galegos", engadiu.

FALTA DE COMPROMISO CON GALICIA

Tellado lembrou que o Ejectivo central prometeu bonificacións nesta autoestrada, transferila a Galicia e liberar a peaxe de Redondela, "pero ata agora o único que está cumprindo é o seu compromiso con Audasa, que se está enriquecendo co diñeiro dos galegos".

Do mesmo xeito, apuntou que o incumprimento de rebaixar as peaxes é só o último agravio dunha longa lista por parte do Goberno de Sánchez a Galicia. "Non debemos esquecer que xa nos mostraron o seu desprezo cando nos castigaron coa incautación de diñeiro referido á recadación dunha mensualidade do IVE na Comunidade, ademais de aprobar os peores orzamentos do Estado dos últimos 15 anos para Galicia.

Miguel Tellado, secretario xeral do PPdeG / PPdeG. / Europa Press
Miguel Tellado, secretario xeral do PPdeG / PPdeG. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Vaia por diante que Tellado é a persoa máis "corta" que podemos ter diante ! Se alguén é responsable do ROUBO perpetrado por Audasa ese é o PP de Aznar e Mariano !!! Pero do outro lado sí leva razón á hora de lembrarlle ao BNG que ten na man unha ferramenta para poñer as cousas no seu lugar (Carmela Silva vive fantásticamente grazas ao BNG) Pero Nestor Rego pensa que cunha manifa na autoestrada a primeiros de febreiro vai lograr que Ábalos lle faga caso... Estamos bos...