O mundo da cultura e da educación mobilízase en Galicia para salvar as escolas rurais

Faise viral un vídeo que chama a protexer a educación no rural tras a decisión da Xunta de querer cambiar o mapa do transporte escolar no Courel.

Por Galicia Confidencial | O Courel | 23/01/2021 | Actualizada ás 21:25

Comparte esta noticia

A decisión da Xunta --logo paralizada-- de cambiar o transporte escolar de zonas rurais como as do Courel provocou unha gran mobilización veciñal sen precedentes nos últimos anos na comarca á que se sumou a solidariedade do mundo da educación e da cultura do resto de Galicia.

Pancartas en Folgoso do Courel pedindo un transporte escolar digno
Pancartas en Folgoso do Courel pedindo un transporte escolar digno | Fonte: ANPA Cpi Poeta Uxío Novoneyra

Así, a Anpa do CPI Poeta Uxío Novoneyra, fixo un chamamento ao que se sumaron numerosos docentes e activistas sociais e culturais do país para defender a educación e a vida no rural. 

A mobilización xurdiu a raíz da decisión da Xunta de modificar o transporte escolar na comarca, o que deixaría a seis taxistas do concello sen realizar este servizo e obrigaría aos rapaces a pasar moito tempo de viaxe en autobuses.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta